Carles Pérez

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Carles Pérez
Remove ads

Carles Pérez Sayol, nado en Granollers (Barcelona) o 16 de febreiro de 1998, é un futbolista catalán que xogou como dianteiro no Real Club Celta de Vigo e agora (2025-26) xoga no Aris Salónica, da Super Liga de Grecia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezo deportivo

Comezou a xogar ao fútbol desde os cinco anos, no campo de Vilanova do Vallès, próximo ao seu fogar. Tres anos despois mudpu ao Damm, e finalmente ao R. C. D. Espanyol en 2008. Na súa última etapa como infantil explotara como xogador, polo que o Fútbol Club Barcelona fíchao para incorporalo á Masía, ao Cadete "B" de Franc Artiga.

FC Barcelona

Co devenir dos anos, Carles Pérez foi medrando e progresando nas categorías inferiores do Barça. Así, o 3 de outubro de 2015 debutou co filial azulgrana de mans de Gerard López nun encontro fronte ao Atlético Levante como visitante. O partido rematou cun empate sen goles, Carles entrou no minuto 62' en substitución de Maxi Rolón.

O 19 de maio de 2019 debutou en partido oficial co primeiro equipo na última xornada de Liga no empate a 2 perante a S. D. Eibar en Ipurúa. O 25 de agosto anotou o seu primeiro gol en partido oficial co primeiro equipo na vitoria por 5 a 2 fronte ao Real Betis Balompé na 2.ª xornada de Liga.

O 27 de setembro de 2019 o club azulgrana anunciou a súa renovación ata o 30 de xuño de 2022.

O 10 de decembro de 2019 debutou na Liga de Campións anotando un dos goles de vitoria do conxunto azulgrana ante o Inter de Milán por 1 a 2 e garantiu ter ficha do primeiro equipo tras xogar un mínimo de 30 minutos en sete partidos.

AS Roma

O 30 de xaneiro de 2020 o Fútbol Club Barcelona anunciou a súa cesión á A. S. Roma até o final da tempada a cambio dun millón de euros cunha opción de compra obrigatoria de 11 millóns máis 3,5 en variables.1 Debutou dous días despois na derrota por 4-2 fronte ao U. S. Sassuolo na Serie A e o 20 de febreiro anotou o seu primeiro gol co equipo na vitoria pola mínima (1-0) perante o K. A. A. Gante na ida dos dezaseisavos de final da Liga Europa da UEFA.

Celta de Vigo

O 8 de agosto de 2022 o R. C. Celta de Vigo anunciou que chegara a un principio de acordo coa entidade romanista para a súa cesión a falta da pertinente revisión médica. Ao día seguinte asinou por unha tempada, tendo o conxunto vigués unha opción de compra ao seu remate[1].

Remove ads

Estatísticas

Clubs

Actualizado co último partido disputado o 26 de febreiro de 2023 .

Máis información Club, Div. ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads