Carlos Folgueira García

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Carlos Folgueira García, nado en Mondoñedo o 17 de marzo de 1937 e finado na Coruña o 2 de agosto de 1993, foi un confiteiro galego, máis coñecido co alcume do Rei das Tartas, famoso por ser o creador da Torta de Mondoñedo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Na década de 1950 creou a Torta de Mondoñedo que promocionaba en feiras e festas ás que asistía vestido de branco co seu grande chapeu de cociñeiro co escudo de Galiza. Foi o director do xornal La Voz de Asturias o que lle puxo o alcume de El Rey de las Tartas co que se fixo famoso.[1] Nos anos 80 e 90 aparecía en programas como Un, Dos, Tres de TVE e na TVG para promocionar a súa torta.

O negocio familiar foi continuado polo seu fillo Carlos. En 2003 a marca O Rei das Tartas pasou a ser unha franquía de hostalería.

Remove ads

Recoñecementos

Thumb
Cafetería O Rei das Tartas no centro comercial Espacio Coruña.

Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo.

  • Cabaleiro da Asociación Maxistral de Gastronomía.
  • Medalla ao mérito turístico a título persoal (1977), Ministerio de Turismo de España.
  • Medalla da Confrérie de la Chaîne des Rôtisseurs, Monsieur Maître de Rôtisseur (París, 1981).
  • Medalla de Galicia 1993 (medalla de bronce).[2]
  • Medalla e título de artesán distinguido da provincia de Lugo.
  • Medalla de prata e título de Señor da Feira de Vilagarcía de Arousa.
  • Diploma de honra na Feira alimentaria de Barcelona.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads