Carlos Piñeiro

cineasta e investigador cinematográfico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Para o piloto de rally de mesmo nome vexáse Carlos Piñeiro Iglesias

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Carlos Aurelio López Piñeiro, nado na Coruña o 21 de xullo de 1950, é profesor, investigador, escritor, guionista, produtor e director de cine galego.

Remove ads

Biografía

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese [cum laude] "Técnica do relato fílmico" . En 1975 comezou a traballar como crítico cinematográfico en La Voz de Galicia so o pseudónimo de Caurel, e como produtor, guionista e director no Equipo Imaxe (recoñecido co Premio Mestre Mateo de honra no 2006), do que foi membro fundador.

Interveu na realización de numerosas curtametraxes, e está considerado entre os pioneiros do audiovisual galego. Pertence á Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Participou activamente en numerosos eventos, foros e actividades a favor do audiovisual galego. Tamén participou no Seminario de Análises de Guión con Linda Seger en 1997 e no obradoiro de Diálogos no Guión Cinematográfico con Valentín Fernández Tubau en 1999.

Foi profesor convidado de Teoría e Técnica Cinematográfica na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo, no curso 2000-2001. Desde 2003 é profesor na EGACI (Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia).

Remove ads

Premios e distincións

  • Premio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de guións cinematográficos (1992).
  • Nomeado aos premios Agapi 1999 á mellor dirección de produción.
  • Premio nas 3ª e 4ª convocatoria dos premios da CGAI - Federación de Cineclubes de Galicia (1993 e 1995)
  • Premio de investigación Provincia de Pontevedra (1996).
  • Presidente da Asociación de Produtoras de Galicia entre 1988 e 1991.
  • Elixido membro da xunta directiva da Asociación Galega de Guionistas en 1999.
Remove ads

Filmografía abreviada

  • Illa (curtametraxe 16mm, 1976). Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección. Premio á mellor película nas IV Jornadas de Cine Independente, Madrid. Primeiro Premio no IX Festival Internacional de Cine Independiente Ciudad de Zaragoza, 1976.
  • A ponte da verea vella (curtametraxe 16mm, 1977). Equipo Imaxe. Produción e dirección. Co-guión con Suso Montero.
  • Circos (mediametraxe dcumental 16mm, 1979). Equipo Imaxe. Produción e montaxe. Dirixida por Xavier Villaverde.
  • A cidade que se nos vai (curtametraxe documental 16mm, 1979). Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
  • Alea (vídeo-creación, 1983). Produción, guión e dirección.
  • O segredo (curtametraxe 35mm, 1984). Produción. Guión de Uxía Blanco e Daniel Domínguez. Dirección de Daniel Domínguez.
  • Morrer no mar (curtametraxe 35mm, 1984). Produción. Guión e dirección de Alfredo García Pinal. Primeiro premio do I Festival Internacional de Cinema de Troia. Portugal, 1985.
  • Embarque (curtametraxe 35mm, 1984). Produción, guión e dirección.
  • Noa e Xoana (curtametraxe 35mm, 1986). Coprodución con Luísa Peláez.
  • Urxa (longametraxe 35mm, 1989). Produción. Coguión e codirección con Alfredo García Pinal.
  • Aldán e Elva (vídeo piloto de telecomedia, 1991). Produción: Vici. Co-guión de Miguel Anxo Murado.
  • Inanimados (Vídeo infografías, 1994). Produción. Guión e dirección de Alfredo García Pinal.
  • Disonancias (curtametraxe 35mm, 1998). Coprodución con Vía Láctea Filmes. Guión e dirección de Ignacio Vilar.
  • Gutbai, Charly (mediametraxe HDV, 2006). Coprodución con London Film School e EGACI. Guión e dirección de Jorge Casinello.

Obra escrita

Ensaio

Obras colectivas

  • Obradoiros de Cine Clásico (AGAG-Tórculo, 2003).
  • Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións (AGAG-USC, 2006).
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads