Miguel-Anxo Murado
escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.
Remove ads
Traxectoria
É irmán do pintor Antonio Murado e da arquitecta Clara Murado.
Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. Realizou un máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.
Comezou a súa traxectoria literaria aos 17 anos, en 1983, ao gañar o premio Café Gijón de novela curta en castelán coa obra Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguiu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado Memoria de derribos), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003) e O soño da febre (2007).
Dentro do seu labor como guionista, traballou para as series de ficción Pratos combinados, A familia Pita e Mareas vivas e mais para as longametraxes La ley de la frontera (dirixida en 1995 por Adolfo Aristarain) e Fisterra (1999, Xavier Villaverde); na actualidade continúa este labor en series, como Aldán e Eva (1990), Tres días de abril (2010) ou Salgadura (2013), e documentais, como Lendas do mar (1986), Galicia, cruce de miradas (2007) e O incerto Señor Cunqueiro (2011).
A maior parte da súa actividade profesional dedicouna ao xornalismo. Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e colaborou con distintos medios galegos (entre eles, Tempos Novos e El Correo Gallego). Traballou como correspondente de guerra nos Balcáns (en 1991 e mais en 1993), onde cubriu o sucedido en Croacia e Bosnia. Entre 1998 e 2003 residiu en Oriente Medio, onde exerceu como oficial de prensa para as Nacións Unidas, como xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e, logo, do Ministerio para Belén (2000). Tras esta etapa continuou o seu labor xornalístico como correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada e mais para a axencia de noticias Europa Press. Outra das súas liñas de traballo desenvolveuse no ámbito radiofónico, concretamente na cadea Radio Círculo (Madrid), que dirixiu entre 2004 e 2005.
Actualmente colabora con La Voz de Galicia como articulista ("Escrito en cafeterías" e "Libro de horas") e analista internacional. Nesta súa especialidade, traballa tamén para outros medios de comunicación españois (como no programa "A vivir que son dos días"[1] da Cadena Ser) e para prestixiosos medios internacionais: a cadea británica BBC World Service, BBC 4, Rusia Today TV e os xornais The New York Times[2] e The Guardian[3], entre outros[4][5].
Xurxo Borrazás considera que ten un estilo propio, unha prosa desapaixonada.[6]
Remove ads
Obras
En galego
Narrativa
- De soños e derribos, 1986. Publicado como Memoria de derribos en 1993, Galaxia.
- Lista de correos (relato curto). Contos do Castromil, 1992.
- Pedro e o lobo, 1992. Adaptación do conto tradicional ruso para a banda deseñada debuxada por Miguelanxo Prado.
- Ruído. Relatos de guerra, 1995, Galaxia. Traducido ao castelán[7] e ao inglés.[8]
- Mércores de cinza, 1997, Galaxia. Traducido ao inglés.[9]
- O soño da febre, 2007, Galaxia. Traducido ao castelán: El sueño de la fiebre. Lengua de trapo.[10]
- Fin de século en Palestina, 2008, Galaxia. Traducido ao castelán: Fin de siglo en Palestina. Lengua de trapo.[11]
- Escrito en cafeterías, 2014, Galaxia.[12]
- Libro de horas, 2016, Galaxia.
- Tres minutos no aire (2019). Galaxia. 232 páxs. Colaboracións no programa Diario cultural da Radio Galega.[13][14]
- A cantiga da burata (2024). A Coruña: Medulia. 120 páxs. ISBN 978-84-10324-15-2.
Poesía
Teatro
Ensaio
- Luis Pimentel, unha fotobiografía, 1990, biografía de Luís Pimentel, Xerais.
- Caderno do Xapón, 2000, Galaxia.
Tradución
- As cidades invisibles, de Italo Calvino, 2000, Xerais.
Obras colectivas
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Materia prima, 2002, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
En castelán
Narrativa
- Metamorfosis benezianas, 1983. Ediciones Polar.
Ensaio
- Otra idea de Galicia, 2008, Debate. Traducido ao galego: Outra idea de Galicia, 2013, Debate.
- La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina, 2008.
- La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España, 2013, Debate.
Guías de viaxe
- Santiago de Compostela. 2002. Coautoría con Suso de Toro.
- Santiago de Compostela. Anaya.
- Santiago de Compostela. Anaya. Edición de peto.
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
- Premio Café Gijón en 1983 por Metamorfosis benecianas.
- Finalista do Premio Esquío de poesía en 1990 co poemario Lapidario dos heterodoxos.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en galego en 1996 por Ruído, relatos de guerra.
- Durante tres anos seguidos, recibiu o premio Carlos Velo de guión cinematográfico da Xunta de Galicia por Tres días sen facer nada, A grande noite de Fiz e Fronteira.
- Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego en 2005 polo artigo "Chamadas perdidas"[18] (publicado en La Voz de Galicia cinco días despois dos atentados de Madrid e recollido en 2014 na súa obra Escrito en cafeterías).
- En 2008 recibiu o Premio da Crítica Galicia, dentro da sección de Creación Literaria, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais o Premio Losada Diéguez pola súa obra narrativa O soño da febre.
- Ao ano seguinte volveu ser galardoado co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais co Premio Ánxel Casal e o Premio Frei Martín Sarmiento polo relato autobiográfico Fin de século en Palestina.
Premios Mestre Mateo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads