Caro
emperador romano entre 282 e 283 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Caro (en latín: Marcus Aurelius Carus)[1][2] nado en Narbo en 222,[3] e finado alén do río Tigris en xullo ou agosto de 283, foi emperador de Roma de 282 a 283.

Remove ads
Traxectoria
Home versado na literatura latina, foi educado en Roma e ocupou diversos cargos civís e militares. No 282 foi nomeado como prefecto do pretorio.
Co asasinato de Probo preto de Sirmium, Caro foi nomeado emperador polas lexións, ás cales gañara coa súa honestidade e talento. Foi o primeiro emperador que prescindiu da confirmación do Senado, que aínda que se convertera nun costume, xa non tiña validez. Acusaronno de ser permisivo co asasinato de Probo, aínda que non participara nel.
Nomeou aos seus fillos Carino e Numeriano coma Césares, enviando a Carino para loitar ás Galias e encarregarse dos asuntos occidentais, xa que el, xunto co seu outro fillo, se dirixiu a loitar contra os persas na mesma expedición que organizara Probo.
Venceu aos sármatas e continuou a loita contra o rei dos persas, Varanes II (Vahram II), ao que logrou vencer, conquistando Mesopotamia e poñendo sitio de novo a Ctesifonte no 283.
Caro gozou pouco tempo das vitorias, xa que a finais de xullo do 283 morreu repentinamente. Non se sabe o motivo desta. Para uns, foi debido a un raio estando no campo de batalla; para outros, a consecuencia das feridas recibidas nas loitas en Ctesifonte; mentres que uns últimos estiman que puido ser asasinado por orde do prefecto do pretorio, Arrio Aper, que non estaba de acordo en continuar as loitas máis aló do Tigris. Con el cúmprese a profecía persa de que os emperadores que cruzaban o Tigris morrían, xa que a fronteira do imperio romano estaba no río.
O seu fillo Numeriano, foi nomeado augustus e continuou as loitas máis aló do Tigris deica chegar a un acordo de paz cos persas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads