Carole Lombard
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jane Alice Peters, nada en Fort Wayne (Indiana) o 6 de outubro de 1908 e finada en Nevada o 16 de xaneiro de 1942, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Carole Lombard.
Remove ads
Traxectoria
Nada en Indiana, marchou coa súa nai e irmáns a California en 1914. Cando era nova, estivo interesada nos deportes (tenis, voleibol, natación), chegando a gañar trofeos neles. Con doce anos o director Allan Dwan viuna xogar ao béisbol e conseguiu un pequeno papel en A Perfect Crime. A experiencia levou a Lombard e a súa nai a buscar máis traballos no cinema.
Tras unha proba para The Gold Rush decidiu cambiar o seu nome polo de "Carol" (anos despois convertido, por un erro, en "Carole"). Aos dezaseis anos asinou un contrato coa Fox Film Corporation, abandonando definitivamente a escola e adoptando o apelido "Lombard". En 1925 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, logrando boas críticas, se ben o estudio non estaba convencido e rescindiu o contrato.
En 1927 foi contratada para comedias slapstick de Mack Sennett, tralas que foi ascendida a filmes de protagonista. Durante a década de 1930 a súa sona foi incrementando, especialmente tras o seu matrimonio con William Powell.
En 1932 apareceu no filme No Man of Her Own, con Clark Gable, que rapidamente se converteu en estrela. O filme foi un éxito de público e de crítica e foi o único que rodaron xuntos.
Xa divorciada de Powell, a partir de 1934 triunfou especialmente en comedias, sendo en 1937 a actriz mellor pagada de Hollywood, gañando, tras negociar o contrato coa Paramount Pictures 450.000 dólares. Non obstante, Lombard afirmou que o 80% das súas ganancias ían a impostos, aínda que estaba contenta de mellorar o seu país. O comentario deulle unha publicidade positiva e o presidente Franklin D. Roosevelt envioulle unha carta de agradecemento.
Desde 1937, Lombard converteuse nunha actriz independente dos estudios. En 1939 casou con Clark Gable, co que mantiña unha relación desde 1936.
Durante uns anos intentou interpretar filmes dramáticos, pero finalmente aceptou que "o meu nome non vende billetes para filmes serios" e regresou ás comedias con Mr. & Mrs. Smith, de Alfred Hitchcock, que volveu ser un éxito. Centrada no seu fogar e no seu matrimonio, ademais do seu desexo de ser madre, o seu ritmo de rodaxe baixou.
Cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial, Lombard viaxou a Indiana coa súa nai para promover a compra de bonos de guerra. Inicialmente pensaban volver en tren, pero a arela de chegar antes á casa fixo que decidisen volver en avión, a pesar de que tanto a nai de Lombard, como Otto Winkler, axente de prensa de Gable que viaxaba con elas, tiñan medo a voar. Aproximadamente vinte e tres minutos despois de botar combustible en Las Vegas o avión estrelouse, morrendo os vinte e dous pasaxeiros.
Gable voou a Las Vegas a reclamar os corpos en canto soubo da traxedia. Lombard foi enterrada xunto coa súa nai baixo o nome de Carole Lombard Gable. Aínda que Gable casou dúas veces máis, decidiu ser enterrado onda elas.
O último filme de Lombard, Ser ou non ser estaba en posprodución e decidiron cortar unha escena na que a actriz preguntaba "What can happen on a plane?" (“Que pode ocorrer nun avión?”).
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carole Lombard ![]() |
Ligazóns externas
- Carole Lombard na IMDb (en inglés).
- Virtual-History
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads