Indiana

estado dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia

Indianamap
Remove ads

Indiana é un dos estados dos Estados Unidos de América, situada no Medio Oeste. É o trixésimo oitavo meirande estado e o décimo sétimo máis poboado dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. A súa capital e cidade máis grande é Indianapolis. Indiana foi admitido nos Estados Unidos como décimo noveno estado o 11 de decembro de 1816. Limita co lago Michigan polo noroeste, Míchigan polo norte, Ohio polo leste, o río Ohio e Kentucky polo sur e sueste, e co río Wabash e Illinois polo oeste.

Datos rápidos Himno, Lema ...

Diversos pobos indíxenas habitaron Indiana durante miles de anos, algúns dos cales foron expulsados polo goberno dos Estados Unidos entre 1800 e 1836. Indiana recibe o seu nome por ser un estado que estaba amplamente habitado por tribos nativas mesmo despois de que se lle concedese a condición de estado. Dende entón, os patróns de asentamento en Indiana reflectiron a segmentación cultural rexional presente no leste dos Estados Unidos; a parte máis setentrional foi colonizada por xente que procedía de Nova Inglaterra e Nova York, Indiana central polo inmigrantes de Mid-Atlantic e Ohio, e a Indiana do sur por colonos de estados sureños como Kentucky e Tennessee.[1]

Indiana ten unha economía diversa cun produto interior bruto de 377,1 billóns de dólares en 2019.[2] Ten varias áreas metropolitanas cunha poboación superior a 100 000 habitantes e un bo número de cidades pequenas e vilas. Indiana é a sede de equipos deportivos profesionais nos que se contan os Indianapolis Colts da NFL e os Indiana Pacers da NBA, e neste estado celébrase o evento deportivo de carreiras de Indianapolis 500.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads