Carta a Filemón

libro do Novo Testamento From Wikipedia, the free encyclopedia

Carta a Filemón
Remove ads

A Carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito que o apóstolo Paulo lle dirixe a Filemón, un cristián adiñeirado, posiblemente bispo da igrexa de Colosas. Trátase dun dos libros do Novo Testamento cristián. A epístola, escrita por Paulo dende o cárcere (aínda que na primeira liña se menciona tamén a Timoteo de Éfeso), versa sobre o tema do perdón e a compaixón. Paulo non se identifica a si mesmo coma un apóstolo con autoridade, senón que se describe como "preso por Cristo Xesús", e chama a Timoteo "irmán"; así mesmo, apélase a Filemón como "querido amigo e colaborador".

Datos rápidos Autoría, Fontes e ligazóns ...

Adóitase considerar esta carta como unha das obras que con certeza se poden atribuír a Paulo de Tarso. É a máis breve das cartas conservadas, cun total de 335 palabras no orixinal grego.[1]

Remove ads

Composición

A Carta a Filemón foi escrita entre os anos 57 e 62 por Paulo de Tarso, namentres se atopaba encerrado na prisión de Cesarea Marítima ou, máis probablemente, en Roma; xa que logo, compúxose xunto coa Carta aos colosenses.[2]

Autoría

A Carta a Filemón atribúese ao apóstolo Paulo, e esta atribución apenas foi disputada polos especialistas.[3] Trátase dunha das cartas que con certeza foron escritas por Paulo de Tarso, xunto con outras seis. O cuestionamento máis importante da súa autenticidade provén dun grupo de eruditos alemáns do século XIX, coñecidos colectivamente como a escola de Tubinga.[4] O seu líder, Ferdinand Christian Baur, só aceptou como xenuínas a Carta aos romanos, a primeira e segunda carta aos corintios, e mais a Carta aos gálatas. Segundo Baur, a Carta a Filemón ten un asunto "tan peculiar que levanta sospeitas",[5] polo que concluíu que se trataba "dun conto destinado a transmitir unha idea cristiá".[6] Porén, esta corrente non é aceptada polos especialistas actuais.

Thumb
Detalle da Biblia de Rochester (1130/1140) co inicio da Carta, en latín: "Paulo, preso por Cristo Xesús, e mais o irmán Timoteo, saudámoste a ti, o noso querido amigo e colaborador Filemón e saudamos tamén á irmá Apia, ao noso camarada Arquipo e á comunidade que se xunta na túa casa."

O versículo primeiro inclúe o nome de Timoteo xunto co de Paulo. Non obstante, isto non implica que aquel sexa coautor do texto, posto que o apóstolo adoitaba mencionar a outros ao comezo das súas misivas, en especial se tiñan relación co destinatario. Neste caso, Timoteo quizais coñecera a Filemón cando acompañaba a Paulo no seu labor misioneiro en Éfeso.[7]

Remove ads

Contido

Onésimo, que a tradición cristiá identifica con Onésimo, bispo de Bizancio, cristián e escravo de Filemón, foxe da casa do seu amo e temeroso das represalias busca a mediación de san Paulo. Este escribe esta carta de recomendación pedíndolle a Filemón que acolla de novo a Onésimo e non o castigue polo que fixo.

A ensinanza da carta

O que, desde o primeiro momento, provoca máis estrañeza a calquera lector é o feito de que Paulo en ningún momento critica ou cuestiona a escravitude. Máis ben ao contrario, parece que a considera como algo natural e perfectamente compatible coa fe cristiá.

Neste caso, como coa súa postura sobre o papel da muller na primeira Igrexa, parece que pesa máis no autor o ambiente cultural, que daba por normal a escravitude, que a nova fe que predicaba e que tiña como un dos seus puntos claves e máis novedosos a fraternidade e igualdade entre os seres humanos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads