Casa das Ciencias

museo na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Casa das Cienciasmap
Remove ads

A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacer pitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo.

Datos rápidos Tipo, Datas ...
Remove ads

Historia

É un edificio de planta octogonal rodeada por un pórtico. Comezouse a construír na década de 1950 para funcionar como emisora de radio mais non se rematou e a súa estrutura abandonada coñecíase como "O palacete". O proxecto foi rematado en 1985 polo arquitecto Felipe Peña.

Foi inaugurada o 1 de xuño de 1985 polos Reis de España. Nese momento era o primeiro museo interactivo de titularidade pública no país.

Remove ads

Contidos

Conta con catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario. No entresollado destaca un péndulo de Foucault, realizado cunha esfera maciza de 120 quilos pendurada dun cabo de máis de 14 metros de lonxitude.

Thumb
Logotipo da Casa das Ciencias (visto aquí na súa fachada) baséase na historia da mazá de Newton

No primeiro andar atópase a sala de experiencias, dedicada precisamente a experiencias sobre o mundo físico, con módulos interactivos que responden ás accións dos visitantes. Hai tamén unha sala de exposicións temporais e outra de exposicións de natureza.

O planetario, denominado Sala de Proxección Galileo, permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os astros visíbeis a simple vista desde a Terra e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o firmamento tal e como se ve desde calquera punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.

Remove ads

Soporte

A Casa das Ciencias depende do Concello da Coruña. Asemade, ten unha asociación, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, que soporta actividades relacionadas arredor da mesma, como o Día da Ciencia na Rúa.[1]

Premios

Os premios Prismas da Casa das Ciencias son concedidos dende 1987 para promocionar a difusión científica[2].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads