Castelán chilote
variedade da lingua castelá falada nas illas chilenas do arquipélago de Chiloé From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O castelán chilote é unha variedade da lingua castelá falada nas illas chilenas do arquipélago de Chiloé. Ten diferenzas distintas do castelán chileno no seu acento, pronuncia, gramática e vocabulario, especialmente por influencias da variedade local da lingua mapuche (chamado huilliche ou veliche) e algúns trazos conservadores.
Remove ads
Historia
Despois da batalla de Curalaba (1598) e da destrución das sete cidades, Chiloé permaneceu illado do resto de Chile e desenvolveu unha cultura con pouca influencia de España e do Chile continental. Durante os séculos XVII e XVIII, a maioría da poboación do arquipélago era bilingüe, e segundo John Byron moitos españoi preferían usar o huilliche local por consideralo fermoso.[1] Nesa época, o gobernador Narciso de Santa María queixouse que os colonos españois nas illas non falasen o castelán de maneira correcta, senón que falaban o huilliche e que esa lingua era a máis usada.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads