Castelo dos Novais

fortaleza medieval nos Novais (Sequeiros, Quiroga) From Wikipedia, the free encyclopedia

Castelo dos Novaismap
Remove ads

O castelo dos Novais é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sequeiros (Quiroga).

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Remove ads

Descrición

A súa construción iniciouse cara ao século X, aproveitando posiblemente unha fortificación anterior. O castelo aproveita as ladeiras empinadas do monte do Castelo, rodeado dos vales do río do Castelo das Eiras e do río Sil, a carón da estrada N-120.

Na parte exterior conserva os muros, foxos e defensas. No interior mantén a torre da homenaxe, a parte máis antiga do conxunto. Ten planta cadrada, cunha porta con bóveda de medio punto cara ao sur. Esta porta é de pedra cabaleira, dunha cor loura intensa por mor do alto nivel de oxidación do ferro que contén. O pazo, do século XI, é de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoán de Malta. Na entrada, tamén de arco de medio punto, hai unha Cruz de Malta gravada. Ten tamén unha ventá aximezada.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads