Quiroga

concello da comarca de Quiroga, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Quirogamap
Remove ads

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Xeografía

Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.

Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².

Poboación

Máis información Censo total, 3.257 (2018) ...
Remove ads

Patrimonio

Thumb
Réplica do Crismón de Quiroga, no Museo Provincial de Lugo.

Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.

Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.

Remove ads

Deporte

No concello de Quiroga hai varias entidades deportivas:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Quiroga.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Quiroga

Augas Mestas (Santiago) | Bendilló (Santa María) | Bendollo (Santa Baia) | Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara) | Cereixido (Santa María) | A Enciñeira (Santa Isabel) | A Ermida (Santa María) | Fisteus (San Mamede) | O Hospital (San Salvador) | Montefurado (San Miguel) | Nocedo (San Lourenzo) | Outeiro (Santa María) | Pacios da Serra (San Salvador) | Paradaseca (San Marcos) | Quintá de Lor (Santa María) | Quiroga (San Martiño) | A Seara (Santa María Madanela) | Sequeiros (Santa Mariña) | Vilanuíde (Santo Antonio) | Vilar de Lor (San Xosé) | Vilarmel (San Lourenzo) | Vilaster (Santa María)

Remove ads

Lugares de Quiroga

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quiroga vexa: Lugares de Quiroga.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads