Castor Cordal Garrido
electricista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Castor Cordal Garrido, nado en Corvillón (Cambados) en 1909 e finado en Portela o 15 de setembro de 1936, foi un electricista galego.
Remove ads
Traxectoria

Electricista, pertencía á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en diferentes lugares até que foi descuberto por un delator. Detido en setembro, estivo na prisión do pazo de Fefiñáns e foi asasinado con Ramón Barreiro Rodríguez nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa en Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos detrás do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. A súa irmá Josefina non puido entrar á escola por ser irmá de "rojo". Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.[1][2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads