Castro Camera

From Wikipedia, the free encyclopedia

Castro Camera
Remove ads

Castro Camera era unha tenda de fotografía situada na Rúa Castro no propio Barrio Castro de San Francisco, California, aberta por Harvey Milk desde 1972 até a súa morte en 1978. Durante a década de 1970, a tenda converteuse no centro neurálxico da crecente comunidade gai do barrio, así como tamén das campañas electorais do propio Harvey Milk a concelleiro de San Francisco.

Thumb
Exterior de Castro Camera, recreado para a película Milk

Milk, era un ávido fotógrafo afeccionado, que tras serlle velado un rollo de película noutra tenda, decidiuse en 1972 a abrir, xunto á súa parella Scott Smith, unha tenda de fotografía cos últimos 1.000$ (dólares) que lles quedaban dos seus aforros. Pronto a tenda se convertería en foco da crecente afluencia de mozos homosexuais provenientes desde todo Estados Unidos até o Distrito Castro, onde a súa orientación sexual era ben aceptada.[1]

Máis alá da venda de cámaras, carretes e revelado, Milk converteu a tenda nun centro social e un refuxio para os que chegaban ao Castro,[1][2] converténdoa tamén en sede oficial para as eleccións de San Francisco. Pola súa involucración na promoción dos negocios de gais, Milk pronto sería coñecido extraoficialmente como o "Alcalde da Rúa Castro". Daniel Nicoletta, o fotógrafo coñecido como mellor cronista de Milk durante esa época, coñeceu ao seu xefe Milk traballando para el como dependente, para logo traballar como asistente da tenda e voluntario das campañas das súas campañas.

Thumb
Interior de Castro Camera, recreado para a película Milk

Unha clienta, Anne Kronenberg, que logo se convertería na xefa de campaña de Milk, tamén o coñeceu na súa tenda, e a primeira impresión que se levou de Milk foi que era un "maníaco delirante".[3] Outros membros do círculo íntimo de Milk como Cleve Jones e o seu autor de discursos Frank Robinson coñecéronse, fixéronse amigos, e traballaron con Milk tamén na tenda.[4][5]

En 1978, un forte encarecemento do alugueiro, fixo que Harvey e Scott abandonaran o número 575 da Rúa Castro. A tenda "Castro Camera" foi trasladada ao número 2362 da Rúa Market, mentres que Harvey e Scott trasladaron a súa residencia ao número 22 da Rúa Henry.

No 2008, o número 575[6] da Rúa Castro, que actualmente é unha tenda de regalos, foi usado como decorado e localización para a película Milk, baseada na vida de Harvey Milk, recreando para iso a estética que o edificio tiña durante os anos 70.[7] O decorado foi recreado coidadosamente ao detalle, incluíndo ademais unha vella cadeira de brazos vermella de barbeiro,[8] o que chamou a atención de numerosos residentes de barrio que recordaban o estado orixinal da tenda.[4] O equipo de filmación asegurou que viron unha pantasma na tenda.[9]

O edificio foi declarado como histórico e fronte a el hai unha placa conmemorativa á figura de Harvey Milk.

Thumb
Placa conmemorativa á altura do número 575 da Rúa Castro
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads