Castropol
concello de Asturias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Castropol é un concello asturiano galegofalante,[1][2][3] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.
A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «castropolego»[4] ou «castropolés».
Remove ads
Parroquias

O concello de Castropol abrangue nove parroquias:[5] Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.
Demografía
Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Castropol[6] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Historia
A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.
Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.
Política
Dende 1979, o partido que máis tempo ten gobernado foi PSOE, en 7 das 9 lexislaturas.
Alcaldes no período democrático:

Remove ads
Castropol na literatura popular
Galería de imaxes
- Vista de Castropol desde Ribadeo.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads