Catablefáridos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Catablefáridos
Remove ads

Os catablefáridos (Katablepharida), son un grupo de protistas heterótrofos flaxelados,[1] que foron considerados como pertencentes a Cryptophyta desde que se describiron en 1939. Difiren doutras criptófitas en varios aspectos (aparato da alimentación) e chegou a propoñerse que son alveolados, pero as investigacións realizadas ao comezo do século XXI suxiren que están relacionados coas criptófitas.[2][3] Parécense ás criptófitas na súa forma, orientación flaxelar e presenza de exactisomas, e as análises do seu SSU rDNA e das secuencias da beta-tubulina achéganos máis ás criptófitas ca aos alveolados. Caracterízanse por ter unha vaíña de dúas capas arredor da célula e superficie flaxelar, cristas mitocondriais tubulares, e un aparato de alimentación complexo moi distintivo.

Máis información Clasificación científica ...
Remove ads

Principais xéneros de catablefáridos

En 2009, só foran descritos formalmente cinco xéneros e dez especies. Coñécense ducias de secuencias de ADN (obtidas de augas doces e mariñas) que parecen representar outras especies de catablefáridos aínda non descritas formalmente nin cultivadas.[1] Os xéneros principais son:

  • Hatena. Presenta formas depredadoras e formas con endosimbiontes fotosintéticos, polo que o establecemento da endosimbiose está a medio camiño neste protista.
  • Leucocryptos[4]
  • Katablepharis[4] O xénero Katablepharis, que lle deu nome ao grupo, foi inicialmente ortografado con th (Kathablepharis), pero despois a ortografía mudou. No código botánico ICBN escríbese sen h, e no zoolóxico ICZN con th, pero publicouse en 2009 unha corrección sen hache no código zoolóxico.
  • Roombia[1]
  • Platychilomonas[1]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads