Catalunya en Comú

Partido político de Cataluña From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Catalunya en Comú é un partido político de esquerda,​ cuxo ámbito de actuación é Cataluña.

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...
Remove ads

Traxectoria

Na súa fundación estaba formado por Barcelona en Comú, Equo, EUiA, ICV e Podem, aínda que Podem se desvinculou posteriormente do novo partido. Conta co apoio da Plataforma Guanyem, Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Procés Constituent e Unidos Podemos. O manifesto fundacional presentouse o 19 de decembro de 2016​ e o primeiro acto público celebrouse en Barcelona o 29 de xaneiro de 2017.

Na presentación do movemento, Ada Colau afirmou que o novo proxecto apoia un referendo sobre a soberanía Cataluña, aínda que dentro do partido atópanse formacións tanto federalistas coma independentistas; "sempre o defendemos e traballaremos para o referendo; a soberanía radica na poboación e así se debe resolver, coas urnas” engadindo que ao mesmo nivel a nova proposta defende a urxencia política para revertir os recortes contra o sector público e acadar unha "fiscalidade xusta" e "feminista”.[1]

Nas eleccións catalás de 2017 presentouse en coalición con Podem baixo o nome de Catalunya en Comú-Podem.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads