Senado de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Remove ads
Antecedentes
O Senado ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estableceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.
O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os Grandes de España e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do Antigo Réxime.
A Constitución de 1837, aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das Cortes Xerais. O seu primeiro presidente foi José María Moscoso de Altamira, conde de Fontao.
Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co Congreso dos Deputados, agás, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.
Durante a Segunda República Española quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do 27 de outubro de 1931 por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, Ángel Ossorio y Gallardo acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoiarlle para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.
Remove ads
Composición
Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira:
- 4 senadores por cada unha das 47 provincias peninsulares.
- 3 senadores por Gran Canaria, Mallorca e Tenerife (cada unha).
- 2 senadores por Ceuta e Melilla (cada unha).
- 1 senador por Eivisa-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma (cada unha).
- Cada Comunidade autónoma designa un senador e outro máis por cada millón de habitantes residentes no seu territorio.
O Senado é elixido por catro anos.
Remove ads
Funcións
Entre as súas funcións está:
- Integración territorial:
- Autorización de acordos entre Comunidades Autónomas.
- Toma de medidas para forzar ás Comunidades Autónomas a cumprir a legalidade.
- Control do Fondo de Compensación Interterritorial.
- Lexislativa.
- Control e impulso político.
- Control da política exterior.
Composición
Mesa do Senado
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Senado de España ![]() |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web do Senado de España (en varias linguas).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads