Catapulta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Catapulta
Remove ads

Unha catapulta[1] é un instrumento militar utilizado na antigüidade para o lanzamento a distancia de grandes obxectos a modo de proxectís. Foi inventada probabelmente polos gregos e posteriormente mellorada por cartaxineses e romanos, e foi moi empregada na Idade Media.

Remove ads

Características

Thumb
Catapulta no Castelo de Castro Caldelas.

A catapulta foi creada principalmente para derrubar murallas inimigas e tomar por asalto os castelos. Poida que os primeiros en usala con este fin fosen os gregos. As catapultas son armas de asedio que foron utilizadas nas guerras e conflitos da Idade Media.

As primeiras catapultas empregábanse a distancias longas, o que facía moi difícil a súa construción e posterior uso. Isto obrigou aos creadores e enxeñeiros a traballar na súa forma, peso, tamaño, deseño e mobilidade, pois eran armas necesarias nos grandes combates. Desta forma logrouse obter unha catapulta máis liviá, máis fácil de manexar e trasladar, facéndose partícipes das batallas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads