Catherine McCormack

actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia

Catherine McCormack
Remove ads

Catherine Jane McCormack,[1] nada en Epsom, Surrey, Inglaterra[2] o 3 de abril de 1972,[1][2] é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós.[3] A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.[4]

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica,[5] aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.[6]

Cine

O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible".[4] Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".[7]

Teatro

McCormack sempre mostrou unha preferencia cara ao teatro ó longo da súa traxectoria.[4] Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londiniense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps.[8] No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House,[9] dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady,[10] os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author. En 2012, intepretou a Juana Inés de la Cruz na produción da Royal Shakespeare Company da obra The Heresy of Love.[11]

Remove ads

Nomeamentos

Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

Filmografía

  • Loaded (1994)
  • Wycliffe (1 episodio, "The Scapegoat", 1994)
  • Braveheart (1995)
  • North Star (1996)
  • Deacon Brodie (1997), Televisión
  • The Land Girls (1998)
  • Dangerous Beauty (1998)
  • Dancing at Lughnasa (1998)
  • This Year's Love (1999)
  • Love in the 21st Century (1 episodio, "Reproduction", 1999)
  • The Debtors (1999)
  • Shadow of the Vampire (2000)
  • A Rumor of Angels (2000)
  • The Weight of Water (2000)
  • Born Romantic (2000)
  • The Tailor of Panama (2001)
  • Armadillo (2001, TV)
  • Xogo de espías (2001)
  • Broken Morning (2003, TV)
  • Gunpowder, Treason & Plot (2004, TV)
  • Strings (2004; dobraxe na versión en inglés)
  • Kenneth Tynan: In Praise of Hardcore (2005, TV)
  • A Sound of Thunder (2005)
  • Elizabeth David: A Life in Recipes (2006, TV)
  • Renaissance (2006, dobraxe)
  • Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire (1 episode, "Nero", 2006)
  • The Moon and the Stars (2007)
  • 28 Weeks Later (2007)
  • Stevie (2008)
  • Midnight Man (2008), Televisión

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads