Celobiosa
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A celobiosa (de fórmula C12H22O11) é un disacárido producido pola hidrólise parcial da celulosa, está composto por dous residuos de glicosa unidos por enlace O-glicosídico β(1→4).


Ten a mesma composición química que a maltosa, exceptuando que o residuo glicosídico do enlace está en configuración anomerica β, polo que o nome sistemático da celobiosa é β-D-glucopiranosil (1,4) D-glucopiranosa[1].
Ten propiedades redutoras e formas anoméricas, xa que unha das glicosas ten un carbono anomérico libre. É un azucre redutor.
A diferenza estrutural coa maltosa é bastante marcada. Os residuos glicosídicos na celobiosa están aproximadamente paralelos.
A celobiosa non pode ser hidrolizada polo ser humano, pero si polas bacterias rendendo dúas moléculas de glicosa libres. A celobiosa ten 8 grupos OH libres, un enlace éter e dous hemiacetais, o que fai que poida formar pontes de hidróxeno.
O tratamento da celulosa con anhídrido acético e ácido sulfúrico orixina octoacetato de celobiosa, que non pode formar pontes de hidróxeno e é soluble en solventes orgánicos apolares.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads