Celta de Vigo Fortuna

equipo filial do Real Club Celta de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Real Club Celta de Vigo Fortuna é un equipo de fútbol galego da cidade de Vigo. Foi fundado en 1927 como Turista Sport Club e foi un equipo independente ata 1989 cando se converteu no equipo filial do Celta de Vigo[2]. Na tempada 2023/24 compite no grupo I da Primeira División RFEF.

Datos rápidos RC Celta Fortuna, Nome ...
Remove ads

Historia

Club Turista

Fundado en 1927 no concello de Lavadores, mantiña unha gran rivalidade co Gran Peña. Houbo dúas tentativas de fusión co devandito equipo, unha en 1967 impulsada polo Gran Peña e outra en 1987 proposta polo Turista, pero ningunha delas chegaría a acontencer, no primeiro caso pola negativa dos turistas e no segundo caso pola negativa dos grampeñistas.[3] En 1989, afogado polas débedas, o Club Turista acepta convertirse en filial do Celta de Vigo, pasando a chamarse Celta Turista.[2]

Os trofeos do Club Turista foron recuperados pola Asociación de Veciños de Lavadores en 2009.[3]

Filial do Celta

Antes do Turista, os clubs filiais que tivo o Celta foron o Berbés e o Gran Peña (chamado durante aquela etapa Gran Peña Celtista).

A inicios dos anos 1990, a maioría dos clubs filiais son absorbidos polos seus clubs principais, transformándose en equipos dependentes.[4][5] É o caso do Celta Turista, que pasa a ser en equipo dependente do Celta de Vigo en 1995, adoptando o nome de Real Club Celta de Vigo B.[2]

Foi unha canteira prolifera, que deu lugar a xogadores como Borja Oubiña, Michel Salgado ou Xurxo Otero. Xogou dúas veces a liguiña de clasificación para a Segunda División, sen éxito.

No 2002 gañou a Copa Federación, ao impoñerse na final ao CF Gavà[6].

No ano 2023, co gallo do centenario do Celta de Vigo, o nome do club pasou a ser Celta de Vigo Fortuna en lembranza do Real Club Fortuna de Vigo.

Nomes do club

  • Turista Sport Club (1927–41)
  • Club Deportivo Turista (1941–46)
  • Turista Sociedad Cultural (1946–57)
  • Club Turista (1957–89)
  • Club Celta Turista (1989–95)
  • Real Club Celta de Vigo, S.A.D. "B" (1995–2023)
  • Celta de Vigo Fortuna (2023-)
Remove ads

Estadio

Estadio Municipal de Barreiro, con capacidade para 4.500 seareiros.

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo B.

Cadro actual

Máis información Nº, Posto ...

Altas e baixas 2022/23

Máis información Xogador, Nacionalidade ...


Máis información Xogador, Nacionalidade ...

Goleadores por tempada

Máis información Máximos goleadores por tempada, Tempada ...
Remove ads

Equipo técnico

  • Adestrador - Claudio Giráldez
  • Preparador físico - Eduardo Covelo Mateo
  • Adestrador de porteiros - Gael Martínez Potti
  • Médico - Mario Galán Mustadi
  • Fisioterapeuta - Manuel Ricis Guerra
  • Encargados do material - Ángel Martínez Conde, Alfredo Alcántara Estévez
  • Delegado - Ricardo Martínez Villar "Alemany"

Datos do club

Historial na liga

Máis información Tempada, Categoría ...
Remove ads

Adestradores

Remove ads

Palmarés

Pichichi

Máis información Futbolista, Categoría ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads