Censorio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Censorio (en latín, Censorius) foi un conde (comes) romano do século V mencionado por Idacio na súa Crónica. Segundo Edward Arthur Thompson, Censorio foi enviado a Hispania pola corte de Rávena, xunto co conde Andevoto,[1] para pór fin aos ataques suevos na Bética.

Datos rápidos Biografía, Morte ...

Así, foi enviado en embaixada ao Reino suevo, primeiro no ano 432, e de novo no ano 437 acompañado do legado Fretimundo. No 440 de volta da súa embaixada, o rei Requila apreixouno preto de Myrtilis (Mértola) e, despois de oito anos de cativerio, foi degolado en Hispalis por Aguiúlfo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads