Centro de gravidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O centro de gravidade é o punto de aplicación da resultante de tódalas forzas de gravidade que actúan sobre as distintas porcións materiais dun corpo, de tal forma que o momento respecto a calquera punto desta resultante aplicada no centro de gravidade é o mesmo que o producido polos pesos de tódalas masas materiais que constitúen ese corpo.

Propiedades
A resultante de tódalas forzas gravitacionais que actúan sobre as partículas que constitúen un corpo poden substituírse por unha forza única , que é o propio peso do corpo, aplicada no centro de gravidade do corpo. Isto equivale a que os efectos de tódalas forzas gravitacionais individuais sobre as partículas poden contrarrestarse por unha soa forza mentres se aplique no centro de gravidade do corpo.
Remove ads
Cálculo do centro de gravidade
O centro de gravidade dun corpo dáse polo único vector que cumpre:
onde M é a masa total do corpo e denota o produto vectorial.
- Nun campo gravitacional uniforme no que o vector de campo gravitacional é o mesmo en tódolos puntos, a definición anterior redúcese á definición do centro de masas:
- No campo gravitacional creado por un corpo material cuxa distancia ao obxecto considerado sexa moi grande comparado coas dimensións do corpo e do propio obxecto, o centro de gravidade do obxecto calcúlase da forma:
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Ortega, Manuel R. (1989-2006). Lecciones de Física (4 volúmenes) (en español). Monytex. ISBN 84-404-4290-4, ISBN 84-398-9218-7, ISBN 84-398-9219-5, ISBN 84-604-4445-7.
- Resnick,Robert & Krane, Kenneth S. (2001). Physics (en inglés). New York: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-32057-9.
- Tipler, Paul A. (2000). Física para la ciencia y la tecnología (2 volúmenes) (en español). Barcelona: Ed. Reverté. ISBN 84-291-4382-3.
Ligazóns externas
- Barycenter fold by Paul Niquette. (en inglés)
- Center of Gravity Encyclopaedia Britannica. (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
