Centro penal de Teixeiro
centro penitenciario en Teixeiro, Curtis From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O centro penitenciario de Teixeiro é un cárcere situado no lugar de Paradela,[1] preto da vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar).
Localización dos centros penitenciarios de Galicia.

Entrou en servizo en 1998 e custou 7853 millóns de pesetas. Está situado nunha parcela de 343 000 m², con 86 430 m² construídos. O centro foi construído pola UTE de Ferrovial e deseñado polo arquitecto Francisco María Martín Carrero.[1]
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1782 presos e presas.[1]
Remove ads
Galería de imaxes
- No Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25.000
- Na ortofotografía aérea de 2007.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads