Berberecho

molusco From Wikipedia, the free encyclopedia

Berberecho
Remove ads

O berberecho, croque, crica, birbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos cardiidae,[2] de nome científico Cerastoderma edule (Linné, 1758).[3] Non se recoñecen subespecies.[2]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.

Remove ads

Etimoloxía

O termo galego berberecho provén do grego: βέρβερι, ostra das perlas[4].

Descrición

A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta,[5] habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamosas.[6] A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.[5]

Distribución e hábitat

Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro.[7] Encóntrase en fondos cenagosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.[7]

Comportamento

Reprodúcese por medio de larvas peláxicas, e a diferenza doutras especies da súa familia, é unisexual.[6] No mar do Norte encóntrase xunto ao berberecho verde (Cerastoderma glaucum), pero non se rexistrou hibridación, debido posiblemente á incompatibilidade entre os gametos de ambas especies.[8]

Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.[6]

Remove ads

Festas gastronómicas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads