Cerco (artrópodos)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os cercos son apéndices localizados na extremidade do abdome dalgúns artrópodos,[1][2] sobre todo nos insectos (aínda que tamén os presentan algúns miriápodos).[3]

Normalmente existe un par de cercos laterais, que ás veces van acompañados dun cerco central denominado paracerco.
Etimoloxía
o Termo cerco deriva da palabra do grego antigo κέρκος kérkos, 'cola'.[4]
Porén, moitas veces na bibliografía internacional adoita usarse a súa adaptación ao latín, cercus (plural cerci).[4]
Formas e funcións
A súa morfoloxía é variada: poden seren longos, delgados e con función sensorial (Ephemeroptera), ou curtos, robustos e defensivos (Dermaptera). Nos Dermaptera e nos Japygidae están transformados en pinzas.[3]
Os cercos frecuentemente serven como órganos sensoriais,[3] pero tamén ás veces úsanse como armas, como axudas na copulación, ou simplemente son estruturas vestixiais.[5]
Ordes de insectos que teñen cercos en estado adulto

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads