Cerebro humano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cerebro humano é o órgano máis grande do encéfalo. Ocupa o sector anterior e superior da cavidade cranial. O seu compoñente principal son os hemisferios e o córtex cerebral que cobre a súa superficie, derivados do prosencéfalo.[1]
Remove ads
Estrutura e funcións
Os hemisferios do cerebro humano presentan formacións máis ou menos evidentes chamadas lobo ou lóbulo cerebral. Especialmente grandes son os lóbulos frontais do ser humano, que están asociados con funcións executivas, como o autocontrol, a planificación, o razoamento e o pensamento abstracto.
O cerebro humano é o encargado de regular e manter cada función vital do corpo, ademais de ser o órgano onde reside a mente e a conciencia do individuo.
A evolución do cerebro, a través dos primates aos homínidos, caracterízase por un aumento constante da encefalización, que é a relación entre o tamaño do cerebro e o corpo. [nota 1] [nota 2]

O humano adulto ten un volume cerebral, calculado de media, de 1300 centímetros cúbicos (cm³). Estímase en 2016 que o cerebro humano, formado polos dous hemisferios cubertos polo córtex cerebral, contén un total duns 20 000 000 000 (vinte mil millóns; dous × 10) de neuronas.[2] [3]O máis relevante para a transformación do funcionamento do cerebro non parece ser o número de neuronas, senón a complexidade que ven dada polas conexións que se establecen entre as distintas partes do cerebro.[4] Incluso o cerebro adulto é notablemente dinámico, plástico e reconfigurable, un feito que está apoiado por unha abafadora cantidade de evidencias científicas.[5] [6]
O cerebro humano está protexido polos ósos do cranio, suspendido no líquido cefalorraquídeo e illado do sangue pola barreira hematoencefálica, pero a súa delicada natureza faino susceptible a moitos tipos de danos e enfermidades. As formas máis comúns de dano físico son o trauma cranial, accidente vascular cerebral ou intoxicación. O cerebro humano tamén é susceptible a enfermidades dexenerativas, como a epilepsia, a enfermidade de Parkinson, a esclerose múltiple e a enfermidade de Alzheimer. Varios trastornos psiquiátricos, como a esquizofrenia, a neurose ou a depresión, son causados en parte por unha disfunción cerebral.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads