Subidores
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos cértidos[1] (Certhiidae) é unha familia de aves paseriformes, cuxas especies son coñecidas co nome de subidores, debido ao seu hábito de gabear polos troncos das árbores na busca do seu alimento.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gabeador (homónimos).
A estas aves tamén se lles chamou agauñadeiras ou gabeadores, pero eses nomes tamén os recibiron especies de paseriformes doutras familias, tamén caracterizadas por gabearen polos troncos ou, nalgúns casos, especialmente polas rochas, como a agatuñadeira eurasiática (Sitta europaea), a agatuñadeira rupestre (Sitta neumayer), ambas da familia dos sítidos, ou o gabeador vermello (Tichodroma muraria), da familia dos ticodromádidos (a única que actualmente recibe oficialmente[2] o nome de gabeador).[3][4]
Remove ads
Características
Os subidores típicos da familia dos certíidos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies.
Son aves de pequenas dimensións que viven en hábitats boscosos e que teñen a plumaxe da parte superior do corpo de cor parda e, a da inferior, branca.
Teñen bicos finos e curvados cara a abaixo, que usan para extraeren insectos da casca das árbores.[5]
Na cola teñen unhas plumas moi tesas que usan, ao xeito dos petos, para suxeitarse en árbores de tronco vertical.[5]
Fan os niños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach.
Etimoloxía
O nome científico Certhiidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Certhia, coa adición do sufixo do latín científico ´-idae, neutro plural de ´-ideus, tirado do sufixo patronímico do grego antigo -ίδης -ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.
Clasificación
Na fammilia recoñécense dous xéneros, coas seguintes especies:
- Familia Certhiidae Leach, 1820 [6]
- Xénero Certhia Linnaeus, 1758 [7]
- Certhia familiaris - subidor do norte[8]
- Certhia hodgsoni - subidor de Hodgson[8]
- Certhia americana - subidor americano[8]
- Certhia brachydactyla - subidor común[8]
- Certhia himalayana - subidor de rabo barrado[8]
- Certhia tianquanensis - subidor do Sichuan[8]
- Certhia nipalensis - subidor de flancos rubios[8]
- Certhia discolor - subidor de Sikkim[8]
- Certhia manipurensis - subidor de Manipur[8]
- Xénero Salpornis G. R. Gray, 1847 [9]
- Salpornis spilonotus - subidor manchado da India
- Salpornis salvadori - subidor manchado africano
- Xénero Certhia Linnaeus, 1758 [7]
Remove ads
Evolución
Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudos das secuencias de ADN e da estrutura do canto (Tietze et al., 2006),[10] estas especies forman dúas liñas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiación holoártica, mentres que o resto de especies do xénero Certhia están distribuídas nunha área ao sur e o leste do Himalaia, sendo o subidor de Hodgson o único representante do antigo antecesor do subidor común presente ao sur destes montes.
As especies de Salpornis teñen unha plumaxe manchada, que as distinguen claramente do resto da familia. Salpornis spilonotus vive no norte da India, e S salvadori, na África subsahariana.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads