Salpornis

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Salpornis é un xénero de aves paseriformes, un dos dous que conforman a familia dos cértidos, que comprende aos subidores máis típicos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Salpornis
Thumb
Salpornis spilonotus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Certhioidea
Familia: Certhiidae
Xénero: Salpornis
G. R. Gray, 1847
Especies
  • Véxase o texto
Pechar

Características

De pequeno tamaño e aspecto típico dos subidores, a súa cola ten doce plumas, arredondadas nos extremos. A fosa nasal está libre, desprovista de serdas. A lingua termina en cinco serdas.[1]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1847 polo zoólogo inglés George Robert Gray.

Etimoloxía

O nome Salpornis está formado pos elementos do latín científico salp-, tirado, segundo algún s etimoloxístas, do termo do grego antigo σαλιγκτής salpinktḗs "o trompeta", e -ornis, derivado do grego antigo ὄρνις órnis, "paxaro".[2]

Clasificación

No xénero recoñécense na actualidade dúas especies, unha que vive na India e outra de distribución africana, esta última considerada anteriormente como unha subespecie. Pero as diferenzas en tamaño, chíos e as secuencias do ADN mitocondrial apoiaron a división das poboacións africanas e indias, para formar a nova especie Salpornis salvadori.[3][4]

Daquela, no xénero recoñécense dúas especies, unha delas con dúas subespecies (ou tres, segundo os autores).

  • Xénero Salpornis G. R. Gray, 1847 [5][6]
    • Salpornis salvadori (Bocage, 1878)
    • Salpornis spilonotus (Franklin, 1831) (Ás veces denominada Salpornis spinolota)
      • Salpornis spilonotus rajputanae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 [7]
      • Salpornis spilonotus salvadori (Bocage, 1878) [8]
      • Salpornis spilonotus spilonotus (Franklin, 1831) [9]
Thumb
Cabezas e pés de Tichodroma e Salpornis.

Controversia taxonómica

Salpornis é un xénero que na actualidade se inclúe na familia dos Certhiidae. Pero no pasado fora incluído na familia dos Sittidae ou colocado nunha familia propia, a dos Salpornithidae.

As análise filoxenéticas moleculares mostran que definitivamente está dentro da superfamilia dos Certhioidea, pero subsiste certa incerteza acerca da súa situación en relación cos xéneros Sitta, Tichodroma e Certhia.

Aínda que son de aparencia similar aos subidores do xénero Certhia, porén, non utilizan as súas colas para apoialas nos troncos das árbores nas súas escaladas, e algunhas evidencias moleculares demostran que está máis cerca das agatuñadeiras do xénero Sitta,[10] mentres que outro estudo suxire unha relación máis estreita con Tichodroma muraria.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.