Ceruloplasmina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ceruloplasmina
Remove ads

A ceruloplasmina é un encima ferroxidase que nos humanos está codificado polo xene CP situado no cromosoma 3.[1][2][3][4]

Thumb
Ceruloplasmina (de PDB 1kcw).

A ceruloplasmina é a principal proteína transportadora de cobre no sangue, e ademais ten un papel no metabolismo do ferro. Foi descrita en 1948.[5] Outra proteína chamada hefaestina ten unha grande homoloxía coa ceruloplasmina, e participa tamén no metabolismo do ferro e probablemente no do cobre.

Remove ads

Función

A ceruloplasmina é un encima (EC 1.16.3.1) sintetizado no fígado que contén 6 átomos de cobre na súa estrutura.[6] A ceruloplasmina transporta máis do 95% do cobre total no plasma sanguíneo humano san.[7] O resto do cobre lévano as macroglobulinas. A ceruloplasmina mostra unha actividade de oxidase dependente do cobre, que está asociada coa posible oxidación do Fe2+ (ión ferroso) a Fe3+ (ión férrico), axudando ao seu transporte no plasma en asociación coa transferrina, a cal só pode levar ferro en estado férrico. O peso molecular da ceruloplasmina humana é de 151 kDa.

Remove ads

Regulación

Un elemento regulador en cis chamado elemento GAIT está implicado no silenciamento traducional selectivo do transcrito de ceruloplasmina.[8] O silenciamento require a unión ao elemento GAIT dun complexo inhibidor citosólico chamado inhibidor da tradución activado polo IFN-gamma (GAIT, IFN-Gamma-Activated Inhibitor of Translation).[9]

Importancia clínica

Como en todas as proteínas plasmáticas, os niveis de ceruloplasmina diminúen en pacientes con enfermidades hepáticas debido á redución das capacidades de síntese. Os Mecanismos de redución dos niveis de ceruloplasmina son:

A dispoñibilidade de cobre non afecta á tradución da proteína nacente. Porén, o apoencima sen o cobre é inestable. A apoceruloplasmina é en grande medida degradada intracelularmente nos hepatocitos e as pequenas cantidades que se liberan teñen unha curta vida media na circulación de só 5 horas comparado cos 5,5 días da holoceruloplasmina (proteína + cobre).

As mutacións no xene da ceruloplasmina (CP), que son moi raras, poden orixinar unha enfermidade xenética chamada aceruloplasminemia, caracterizada por hiperferritinemia con sobrecarga de ferro. No cerebro, esta sobrecarga de ferro pode dar lugar a signos e síntomas neurolóxicos característicos, como a ataxia cerebelar, demencia progresiva, e signos extrapiramidais. O exceso de ferro pode tamén depositarse no fígado, páncreas, e retina, dando lugar a cirrose, anormalidades endócrinas, e á perda de visión, respectivamente.

Deficiencia

Os niveis de ceruloplasmina inferiores aos normais poden indicar o seguinte:

  • Enfermidade de Wilson (unha enfermidade rara de almacenamento do cobre).[10]
  • Enfermidade de Menkes (síndrome do pelo rizado de Menkes) (rara).
  • Sobredose de vitamina C.
  • Deficiencia de cobre.
  • Aceruloplasminemia.[11]

Exceso

Niveis de ceruloplasmina maiores dos normais poden indicar ou ser detectados nos casos seguintes:

Rangos de referencia

Thumb
Rangos de referencia para análises de sangue nos que se compara o contido sanguíneo de ceruloplasmina (en gris) con outros constituíntes.


Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads