Cesura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A cesura (do latín caesura: "cortadura") é o espazo ou pausa dentro dun verso separando dúas partes chamadas hemistiquios.[1]
Características
É posible atopar máis dunha cesura no mesmo verso, xa que hai algúns versos que aparecen divididos en máis dun hemistiquio, se o verso é de máis de once sílabas é obrigatorio que haxa polo menos unha cesura. O final dun hemistiquio considérase como o fin dun verso, e polo tanto, restaráselle unha sílaba métrica se a palabra final é esdrúxula, quedará igual se é grave, e sumaráselle unha sílaba métrica se é aguda.[1] Pode haber unha rima interna entre versos contiguo.
A cesura non permite facer unha sinalefa entre os dous hemistiquios dun verso composto. Os versos de 12 ou máis sílabas sempre levan cesura.[1]
"Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira."
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads