Chairs Missing
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Chairs Missing é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado en agosto de 1978 a través do selo Harvest Records. O disco chegou ao número 48 na lista británica de álbums.[1]
Aínda que conta con algo do punk rock minimalista do seu álbum de estrea Pink Flag, ten unhas estruturas de cancións máis desenvolvidas (con influencias do rock progresivo, a psicodelia e o art rock dos 70), e teclados e sintetizadores traídos polo produtor Mike Thorne, ademais dunha paleta máis ampla de temas emocionais e intelectuais. O título é un termo de argot británico que fai referencia a unha persoa levemente perturbada.[2] O sinxelo "Outdoor Miner" foi un éxito menor, chegando ao número 51 na lista británica de sinxelos.[3]
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.[4]
Remove ads
Listaxe de cancións
*As cancións extra das reedicións de 1989 e 1994 foron eliminadas na de 2006 debido a que, segundo a banda, non honraban !a claridade conceptual das declaracións orixinais".[5]
Edición especial de 2018
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads