Chamín, Arteixo
parroquia civil do concello de Arteixo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santaia de Chamín[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 442 habitantes (224 mulleres e 218 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 458 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Chamín.
Remove ads
Patrimonio
No Campamento Costeiro do Reiro realizáronse escavacións que deron a coñecer unha comunidade mesolítica (10 000 - 5000 a. C.).[2] O sitio presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...).[3] Da Idade de Ferro é o castro do Petón. A igrexa de Santaia de Chamín é de estilo románico.
Remove ads
Festas
As festas patronais celébranse o 10 de decembro en Santaia. Amais celébrase o San Brais en febreiro e o San Xoán o 24 de xuño.
Galería de imaxes
- Cruceiro.
- Igrexa parroquial.
- Pórtico da igrexa parroquial.
- Porta lateral da igrexa parroquial.
- Fiestra na igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
Lugares de Chamín
Lugares da parroquia de Chamín no concello de Arteixo (A Coruña) | |
---|---|
A Braña | A Brea | Chamín | Chamín de Abaixo | Chamín de Arriba | Chamín do Medio | Espadanoso | Fente | O Igrexario | Margarida | A Ponte | Santaia de Abaixo | Santaia de Arriba | A Sartaña | Vioño |
Parroquias de Arteixo

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads