Chandrayaan 1

Sonda lunar da India. From Wikipedia, the free encyclopedia

Chandrayaan 1
Remove ads

Chandrayaan 1 ("vehículo lunar", en sánscrito) foi unha sonda lunar da India, lanzada o 22 de outubro de 2008, mediante un foguete PSLV-XL desde o centro espacial de Sriharikota.[1][2][4][5]

Datos rápidos Chandraayan 1, Tipo ...
Remove ads

Características

Órbitas

Chandrayaan 1 foi a primeira sonda lunar da India. Foi lanzada nunha órbita inicial moi elíptica, cun perixeo de 255 km e un apoxeo de 22.860 km, cunha inclinación orbital de 17,9 graos respecto do ecuador e un período dunhas 6 horas e media. O motor da nave foi usado varias veces para elevar progresivamente a órbita:[5]

  • O 23 de outubro ás 3:30 UTC o motor da nave foi acendido para eleva-lo apoxeo ata os 37.900 km e o perixeo ata os 305 km, aumentando o período orbital ata 11 horas
  • O día 25 de outubro ás 00:18 UTC aumentou o apoxeo a 74.715 km e o perixeo a 336 km, cun período de 25,5 horas.
  • O 26 o motor acendeuse de novo ás 1:38 UTC para poñelo apoxeo a 164.600 km de altura e o perixeo a 348 km, cun período de 73 horas.
  • O 29 de outubro, ás 2:08 UTC, o apoxeo aumento a 267.000 km e o perixeo a 465 km. A nave tardaba 6 días en dar unha volta á Terra.
  • Finalmente, o 3 de novembro ás 23:26 UTC (4 de novembro ás 4:56 hora estándar da India) o motor puxo á nave nunha órbita de transferencia lunar, cun apoxeo de 380.000 km.

Tralo último aumento do apoxeo, a nave chegou ás inmediacións da Lúa, onde o 8 de novembro ás 11:21 UTC acendeu o motor para frear a súa velocidade e entrar finalmente en órbita lunar. A órbita inicial arredor da Lúa tiña un periastro de 504 km e un apoastro de 7502 km.[5]

Thumb
Auga detectada polo instrumento M3 de Chandrayaan 1 a altas latitudes na Lúa.

Unha serie de manobras posteriores foi reducindo a altura da órbita sobre a Lúa:[5]

  • O 9 de novembro ás 14:33 UTC baixouse o periastro a 200 km.
  • Unha serie de tres manobras consecutivas deixou a órbita de Chandrayaan 1 convertida nunha órbita polar circular de 100 km de altura o 12 de novembro.

O 14 de novembro ás 14:36 UTC Chandrayaan 1 soltou a subsonda Moon Impact Probe (MIP), que impactou na zona do polo sur lunar ás 15:01 tras un voo de 25 minutos. Chandrayaan 1 continuou explorando a Lúa desde a súa órbita durante os dous anos seguintes.[5]

Chandrayaan 1 tiña forma de cubo, cunha masa de 1380 kg no lanzamento e de 675 kg unha vez en órbita lunar, tras gastar parte do propelente. Levaba 11 instrumentos científicos a bordo e estabilizábase nos tres eixos mediante dous sensores estelares, xiroscopios e catro volantes de inercia. A enexía era proporcionada por un único panel solar que podía producir ata 750 vatios de potencia. Durante os momentos de eclipse a enerxía era proporcionada por baterías de ión litio. O sistema de propulsión bipropelente proporcionou o aumento de órbita necesario para alcanzar a Lúa. As comunicacións tiñan lugar mediante unha antena parabólica de 0,7 metros de diámetro con mecanismo de cardán para seguir a estación terrestre unha vez en órbita lunar e sando a banda X para a transmisión de datos e a banda S para telemetría, seguimento e a transmisión de comandos. Os datos podíanse gardar a bordo, en tres grabadoras de estado sólido con capacidades de 32, 10 e 8 Gbit.[5]

Remove ads

Instrumentos científicos

Chandrayaan 1 levaba 11 instrumentos científicos a bordo:[5]

  • Terrain Mapping stereo Camera (TMC): cámara pancromática con 5 metros de resolución espacial que tomaba imaxes en bandas de 20 km de longo.
    Thumb
    Instrumento SIR-2.
  • Hyper Spectral Imaging camera (HySI): cámara que funcionaba na banda de lonxitudes de onda entre 400 e 950 nm cunha resolución espectral de 15 nm ou mellor e unha resolución espacial de 80 m en bandas de 20 km de longo.
  • Lunar Laser Ranging Instrument (LLRI): un instrumento de medición de altura por láser cunha resolución en altura de 5 metros.
    Thumb
    O instrumento M3.
  • High Energy X-ray spectrometer (HEX): medidor de raios X para o rango de enerxías entre 30 e 270 keV cunha resolución espacial de 33 km.
  • Moon Impact Probe (MIP): un subsatélite para impactar contra a superficie lunar.
  • Chandrayaan-1 X-ray Spectrometer (C1XS): espectrómetro de raios X, colaboración da ESA.
  • Near Infra Red spectrometer (SIR-2): espectrómetro infravermello deseñado e construído polo Instituto Max Planck.
  • Sub keV Atom Reflecting Analyser (SARA): colaboración da ESA.
  • Radiation Dose Monitor Experiment (RADOM): instrumento proporcionado pola Academia Búlgara de Ciencias.
  • Miniature Synthetic Aperture Radar (Mini-SAR): un radar de apertura sintétic proporcionado pola NASA.
  • Moon Mineralogy Mapper (M3): proporcionado pola NASA.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads