Chantal Akerman

directora de cinema belga From Wikipedia, the free encyclopedia

Chantal Akerman
Remove ads

Chantal Akerman, nada en Bruxelas o 6 de xuño de 1950 e finada en París o 5 de outubro de 2015,[1] foi unha directora de cinema e artista belga, profesora de cinema na European Graduate School.[2] Os seus filmes están baseados en observacións sobre a vida cotiá, a necesidade de comer, a sexualidade, o illamento e a política de exclusión no século XX. Deuse a coñecer ao gran público co filme Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), onde exemplifica o seu modo de evadir a narrativa convencional mediante a elipse. Nos últimos anos destacou así mesmo na literatura.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Akerman naceu no seo dunha familia xudía practicante en Bruxelas. Os seus avós e a súa nai foron enviados a Auschwitz e só se salvou a súa nai. A ansiedade materna e o exilio foron temas recorrentes na súa filmografía.

Akerman sinalou que tras ver aos quince anos Pierrot le Fou (1965) de Jean-Luc Godard, decidiu rodar ela mesma. Aos dezaoito entrou no Institut National Supérieur des Arts du Spectacle et des Techniques de Diffusion, centro de ensino de cinematografía belga. Axiña o abandonou e realizou unha curtametraxe en 35 mm en branco e negro cos seus aforros, Saute ma ville (1968), que dura trece minutos e ten como protagonista unha moza (ela mesma como actriz) e a súa relación conflitiva coas cousas cotiás. En 1971, foi premiada no festival de Oberhausen.[3] Ese mesmo ano trasladouse a Nova York, onde estivo ata 1972. Alí viu cinema independente, especialmente de Stan Brakhage, Jonas Mekas, Andy Warhol e Michael Snow. Obras de 1972, como Hotel Monterey e curtametraxes como La Chambre 1 e La Chambre 2, revelan a súa nova aprendizaxe. Iniciou entón unha colaboración coa cineasta Babette Mangolte.

En 1973, Akerman regresou a Bélxica. En 1974, foi recoñecida pola crítica con Je tu il elle, filme experimental sobre a agresión. O seu manifesto é un clásico moderno. Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), eloxiado por The New York Times como "a primeira obra mestra do feminino na historia do cinema", trata dunha eficiente ama de casa que se ve obrigada a prostituírse para poder vivir co seu fillo. Axiña, en 1978, concluíu Les Rendez-vous d'Anna, un filme que destacou pola súa beleza e precisión.

En 1991, presentou a súa longametraxe Nuit et jour, onde inverte o dúo día e noite, é a historia dun trío amoroso, con dous mozos e unha moza, que viven nas súas relacións de paixón separadas en dúas metades do día, case sen durmir. O filme, como dixo Akerman, non ten nada que ver co modo de facer de Truffaut, mais hai unha homenaxe indirecta á materia de Jules et Jim e outro expreso cun libro que leva un protagonista cun relato de Truffaut. Ese mesmo ano foi membro do xurado do 41.º Festival de Cinema de Berlín.[4]

Akerman sempre rexeitou, a pesar do carácter escollido da súa obra, que o seu cinema se agoche en guetos. En 2011 presentou a súa versión da novela de Joseph Conrad, Almayer's Folly.

Akerman faleceu o 5 de outubro de 2015 en París; Le Monde informou de que se suicidou.[5] Tiña 65 anos.[6][7][8] O seu último filme foi o documental No Home Movie, unha serie de conversas coa súa nai pouco antes da morte desta. Do filme, Akerman dixo: "penso que se eu soubese que ía facer con isto, non me atrevería a facelo".[9] Segundo a irmá de Akerman, fora hospitalizada pouco antes por depresión e volvera a París dez días antes da súa morte.[6]

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads