Charles Lessner
enxeñeiro de minas inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Charles Lessner, nado en Londres o 8 de novembro de 1879 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1944, foi un enxeñeiro de minas inglés.
Traxectoria
Foi fillo de Friedrich Leßner, xastre membro da Liga dos Comunistas, que en 1848 participara na revolución alemá. Logo de pasar por prisión coñeceu a Karl Marx, quen apadriñou ao seu fillo Charles.
Despois de estudar a carreira de enxeñaría de minas, Charles Lessner foi a África a traballar. A comezos do século XX chegou a Galicia para traballar nas minas de estaño. En Vilagarcía de Arousa hospedouse na Fonda Porto, e casou con Josefina Porto Rey, a filla dos donos da fonda e irmá de Francisco Porto Rey, o 7 de agosto de 1909.
Deu clases de inglés, entre outros a Aquilino Iglesia Alvariño[1].
Está soterrado no cemiterio inglés de Rubiáns.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads