Charlotte Corday

From Wikipedia, the free encyclopedia

Charlotte Corday
Remove ads

Marie-Anne Charlotte Corday d'Armont, nada en Saint-Saturnin-des-Ligneries (Orne) o 27 de xullo de 1768 e finada en París o 17 de xullo de 1793, foi unha figura da Revolución Francesa que entrou na historia ao asasinar de forma premeditada o líder xacobino Jean-Paul Marat, que era en parte responsable do xiro máis radical que tomara a revolución mediante o seu papel como político e xornalista.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Casa natal de Corday
Thumb
Charlotte Corday despois de matar a Marat, pintura de Paul Jacques Aimé Baudry.

Natural de Saint-Saturnin-des-Ligneries, Charlotte de Corday pertencía a unha familia da aristocracia da Normandía. Era descendente por liña materna de quinta xeración do dramaturgo Pierre Corneille.

Cando Corday era unha moza, morreron a súa irmá máis vella e a súa nai, Charlotte Marie Jacqueline Gaultier de Mesnival. O seu pai, Jacques François de Corday, Seigneur d'Armont (1737–1798), incapaz de superar a pena polas mortes, enviou a Corday e as súas irmás máis novas ao convento Abbaye aux Dames de Caen, onde accedeu á biblioteca da abadía e atopou por primeira vez os escritos de Plutarco, Rousseau e Voltaire.[2] A partir de 1791, viviu en Caen coa súa prima Madame Le Coustellier de Bretteville-Gouville. Ambas desenvolveron unha relación moi próxima e Corday era a única herdeira das posesións da súa prima.[2]

Despois de que a revolución se radicalizase e encamiñase cara ao Terror, Corday comezou a simpatizar cos xirondinos. Admiraba os seus discursos e gañou o cariño de moitos dos grupos xirondinos que coñeceu mentres vivía en Caen. Tamén respectaba os seus principios políticos e aliñouse co seu pensamento. Considerábaos o movemento que ao final salvaría Francia.[3]

A decisión de Corday de matar a Marat foi estimulada non só pola súa repugnancia aos masacres de setembro, dos que consideraba a Marat responsables, senón polo seu medo a unha guerra civil total.[2] Ela cría que Marat estaba ameazando a república e que a súa morte remataría coa violencia na nación. Tamén cría que o rei Lois XVI non debera ser executado.[2] O 9 de xullo de 1793, Corday deixou a súa prima, colleu unha copia de Vidas paralelas de Plutarco e foi a París, collendo un cuarto no Hôtel de Providence.[4] Comprou un coitelo de cociña cunha folla de 15 cm. Durante os seguintes días escribiu Addresse aux Français amis des lois et de la paix ("Carta ao pobo francés, amigos da lei e da paz") para explicar os motivos para asasinar a Marat.[5]

Corday planeaba asasinalo fronte á Convención Nacional para que servise de exemplo, mais tras chegar a París descubriu que Marat xa non acudía ás reunións porque a súa saúde estaba deteriorándose por unha doenza na pel (quizais dermatitis herpetiformis). Entón viuse forzada a cambiar o plan e presentouse na súa casa do número 30 da rue des Cordeliers antes do mediodía do sábado 13 de xullo (véspera do cuarto aniversario da toma da Bastila), informando de que tiña coñecemento dun plan de sublevación xirondina en Caen; foi afastada por Catherine Evrard, irmá da prometida de Marat, Simonne.[6] Cando volveu esa noite, Marat deixouna pasar. Nesa época, levaba a maioría dos seus asuntos na bañeira a causa do seu problema na pel. Marat escribiu os nomes dos xirondinos que ela lle deu e entón cravoulle o coitelo no seu peito. Antes de morrer, Marat implorou Aidez, ma chère amie! ("axúdeme, querida amiga!").[7] En resposta do berro de Marat, Simonne Evrard correu ao cuarto. A ela uniuse un repartidor do seu xornal, que agarrou a Corday. Dous veciños, un cirurxián militar e un dentista intentaron revivir a Marat. Chegaron logo oficiais republicanos para interrogar a Corday e calmar a multitude histérica que parecía preparada para linchala.[8]

O xuízo durou catro días, tralos que foi condenada á morte. No xuízo testemuñou que levara a cabo o asasinato ela soa.

O 17 de xullo de 1793, catro días despois do asasinato, Corday foi executada con guillotina na Place de Greve levando a capa vermella que denotaba un traidor condenado por asasinar un representante do pobo. Permaneceu en calma mentres estaba soa de pé no cadafalso entre unha gran e curiosa multitude, aínda que resultou empapada por unha súpeta chuvieira de verán.[9] O seu cadáver foi disposto no cemiterio da Madeleine.

Remove ads

Referencias culturais

  • Percy Bysshe Shelley escribiu sobre ela Posthumous Fragments of Margaret Nicholson (1810).[10]
  • Alphonse de Lamartine dedicoulle un libro da serie Histoire des Girondins (1847), na que lle deu o célebre alcume "l'ange de l'assassinat" (o anxo do asasinato).[11]
  • O dramaturgo François Ponsard escribiu unha obra, Charlotte Corday, estreada no Théâtre-Français en marzo de 1850.[12]
  • Drieu La Rochelle escribiu unha obra en tres actos chamada Charlotte Corday en 1939, que foi interpretada no sur de Francia durante a segunda guerra mundial. Corday aparece como unha republicana fervente que espera que eliminar a Marat salvará a revolución e evitará que dexenere nunha tiranía.[13]
  • Na obra de Peter Weiss Marat/Sade (1963), o asasinato de Marat preséntase como unha obra escrita polo marqués de Sade.
  • O compositor italiano Lorenzo Ferrero estreou unha ópera en tres actos, Charlotte Corday, para o 200 aniversario da revolución en 1989.
  • A novela do actor Herbert Lom Dr Guillotine (1993) ten a Corday como protagonista dunha historia ambientada durante o Terror.[14]
  • O cantante e compositor Al Stewart incluíu unha canción coescrita con Tori Amos sobre Corday no seu álbum Famous Last Words (1993).[15]
  • A serie de novelas gráficas L'Ordre Du Chaos inclúe un libro completo dedicado a Charlotte Corday e Marat (2014).[16]
  • Corday é a personaxe central da obra de Lauren Gunderson The Revolutionists (2017).[17]
Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads