Chavacano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O chavacano ou chabacano é unha lingua crioula con base léxica castelá falada en Filipinas. A verba chabacano provén do castelán, e significa «de mal gusto», «groseiro», «vulgar». Existen seis dialectos diferentes: zamboangueño, davaoeño, ternateño, caviteño, cotabateño e ermiteño.
O chavacano é a única lingua crioula baseada no castelán que existe en Asia. Sobreviviu por máis de 400 anos, converténdose nunha das linguas crioulas máis antigas do mundo. Entre as linguas que se falan en Filipinas, é a única que non pertence ás linguas austronesias, pero ó igual que as linguas malaio-polinesias, emprega reduplicación.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads