Chlamydia trachomatis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chlamydia trachomatis
Remove ads

Chlamydia trachomatis é unha especie bacteriana patóxena exclusiva para os humanos e parasito intracelular obrigado, pertencente ao xénero Chlamydia. Pode causar tracoma e cegueira, infeccións oculares e xenitais e pneumonías.[2] C. trachomatis é unha bacteria gramnegativa,[3] que pode ter forma cocoide ou bacilar.[4]

Máis información Clasificación científica, Sinonimia ...

Foi descuberta en 1907 por Halberstaedter e Prowazek de mostras de conxuntivite[5] . Os corpos de inclusión que se observan nas células infectadas, que conteñen a Chlamydia trachomatis describíronse por primeira vez en 1942, e a bacteria foi cultivada en sacos de xema de ovo polo profesor Feifan Tang et al en 1957.[6]

A maioría das cepas de C. trachomatis conteñen un plásmido extracromosómico.[7]

Un estudo de 2012 mostrou que as clamidias evolucionaron máis activamente do que se pensaba anteriormente. Utilizando unha secuenciación de xenoma completo os investigadores mostraron que o intercambio de ADN entre diferentes cepas de Chlamydia para formar novas cepas é moito máis común do que se agardaba.[8]

Remove ads

Serovares

C. trachomatis comprende 15 serotipos segundo o seu antíxeno proteico de tipo, que son: A, B, Ba, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L1, L2 e L3, entre os que están os seguintes tres grupos de serovares humanos:[9]

  • Serovares A, B, Ba, ou C. Causan tracoma, unha infección que afecta aos ollos e que pode causar cegueira, prevalente en África.
  • Serovares D-K e B. Causan uretrite, enfermidade inflamatoria pelviana, embarazo ectópico, pneumonía neonatal, e conxuntivite neonatal.
  • Serovares L1, L2 e L3. Causan o linfogranuloma venéreo (LGV).
Remove ads

Ciclo de vida

A bacteria infecta ás células cando está en forma de corpúsculo elemental, que é a súa forma infecciosa parecida a unha espora, ten parede e é moi resistente. Esta entra na célula por endocitose, e dentro dun vacúolo celular orixina un corpo reticulado sen parede, que é a forma vexetativa da bacteria. Este reprodúcese, o vacúolo de inclusión crece e está cheo de bacterias, e fórmanse moitos corpos elementais, que finalmente saen da célula para infectar a máis células.

Thumb

Remove ads

Importancia médica

C. trachomatis é un patóxeno intracelular obrigado humano, o que quere dicir que a bacteria debe vivir dentro das célula humanas, e pode causar numerosas enfermidades en homes e mulleres.[2] Pode orixinar infeccións xenitais por causas varias (por exemplo, mala hixiene en lugares húmidos), ou por transmisión sexual, como as uretrites no gonocócicas e o linfogranuloma venéreo. É unha das enfermidades de transmisión sexual máis frecuentes. En ambos os sexos pode producir uretrite, proctite (enfermidade rectal con sangrado), tracoma, e infertilidade. A bacteria pode causar prostatite e epididimite nos homes, mentres que nas mulleres pode producir cervicite, enfermidade inflamatoria pelviana, embarazo ectópico, e dores pelvianas agudas ou crónicas e frecuentes complicacións. Algúns individuos desenvolven artrite reactiva que non ten cura. As infeccións poden ser asintomáticas.

C. trachomatis é tamén un importante patóxeno neonatal, xa que pode producir nos neonatos infeccións oculares (tracoma) e pulmonares.[10] Chlamydia trachomatis é o axente infeccioso máis importante asociado coa cegueira, da hai millóns de casos cada ano por esta causa.

Tratamento

C. trachomatis é sensible a diversos antibióticos bacteriostáticos: macrólidos (azithromicina, claritromicina, eritromicina etc.) ou tetraciclinas (doxiciclina, tetraciclina etc).[11]

Identificación

Existen probas de ADN coas que se poden distinguir facilmente as especies de Chlamydia doutras clamidias. Ademais, pode diagnosticarse por detección directa de antíxenos en mostras clínicas, por cultivo ou por seroloxía.

A maioría das cepas de C. trachomatis son recoñecidas por anticorpos monoclonais para os epitopos da rexión VS4 do MOMP.[12] Porén, estes anticorpos monoclonais poden tamén ter reaccións cruzadas coas outras dúas especies do xénero Chlamydia, a C. suis e a C. muridarum.

As probas de laboratorio utilizadas máis importantes son:[13]

  • Probas de amplificación do ácido nucleico (NAAT). Estas probas detectan o material xenético da bacteria. Son as máis sensibles, moi exactas e é moi improbable que se produzan falsos negativos. Poden realizarse a partir de mostras urinarias.).[14]
  • Probas de hibridación de ácidos nucleicos (probas de sondas de ADN). As sondas detectan o ADN da bacteria. É moi exacta pero non tan sensible como as probas de amplificación de ácidos nucleicos.
  • Ensaio de inmunoabsorbencia con encima unido (ELISA, EIA). É unha proba rápida que detecta substancias (antíxenos de clamidia) que activan ao sistema inmunitario.
  • Proba de anticorpos fluorescentes directa (DFA). Esta proba rápida tamén procura os antíxenos de clamidias.
  • Cultivos de células de Chlamydia. É unha proba na que a mostra sospeitosa de ter clamidias faise crecer nun vial de células no laboratorio. O patóxeno infecta as células, e despois dun tempo de incubación de 48 horas o cultivo do vial tínguese e obsérvase nun microscopio óptico de fluorescencia. O cultivo celular é máis caro e leva máis tempo (dous días) que outras probas.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads