Chlamydomonas

xénero de algas From Wikipedia, the free encyclopedia

Chlamydomonas
Remove ads

Chlamydomonas é un xénero de algas verdes formado por especies unicelulares flaxeladas, que viven en augas doces encoradas ou non, no solo húmido, e unhas poucas especies son de augas mariñas, e mesmo algunha vive na neve ("algas da neve"). Entre elas está a especie Chlamydomonas reinhardtii, que é a especie tipo do xénero, e utilízase como organismo modelo en bioloxía, en estudos de bioloxía molecular, e especialmente estudos da motilidade flaxelar e dinámica dos cloroplastos, bioxénese e xenética. Unha das características de Chlamydomonas é que contén unhas canles iónicas, (canalrodopsinas), que son activados directamente pola luz. Algúns sistemas reguladores (por exemplo FLU) de Chlamydomonas son máis complexos que os seus homólogos de Ximnospermas, e presentan proteínas regulatorias que son máis grandes e conteñen dominios adicionais ca as doutras relacionadas evolutivamente.[1]

Thumb
Debuxos de Chlamydomonas caudata Wille.[2]
Thumb
Sección dunha célula de Chlamydomonas reinhardtii.
Thumb
Micrografía electrónica de Chlamydomonas sen flaxelos.

Para a especie principal do xénero ver Chlamydomonas reinhardtii.
Máis información Clasificación científica, Especies ...
Remove ads

Especies

No xénero distínguense unhas 250 especies, e os datos xenéticos indican que probablemente o xénero é polifilético e deberá ser subdividido en varios xéneros. Nese caso só as especies do grupo de Ch. reinhardtii quedarán no xénero Chlamydomonas.[3] Salientaremos as seguintes especies:

Atópanse en xeral en hábitats ricos en sales de amonio. Posúen manchas oculares vermellas fotosensibles. Reprodúcense ao longo do seu ciclo de vida de forma asexual e sexual. A reprodución asexual pasa polos estadios de zoóspora, palmela, aplanospora e hipnospora. A reprodución sexual pode ser, segundo as especies, isógama, anisógama ou oógama.[3]

Remove ads

Nutrición

A maioría das especies son fotótrofas obrigadas, pero as especies C. reinhardtii e C. dysosmos poden vivir facultativamente como heterótrofas e poden crecer na escuridade en presenza de acetato como fonte de carbono.

Morfoloxía

As principais características morfolóxicas das Chlamydomonas son[3]:

  • Son algas unicelulares móbiles.
  • Xeralmente de forma oval.
  • A parede celular está feita de glicoproteínas e non do polisacárido celulosa.
  • Teñen dous flaxelos inseridos na parte anterior. Os flaxelos orixínanse a partir dun gránulo basal localizado na rexión anterior do citoplasma.
  • Presentan vacúolos contráctiles preto das bases dos flaxelos en número variable segundo as especies.
  • Teñen un prominente cloroplasto xeralmente con forma de copa ou cunca, pero a forma varía nalgunhas especies (forma de banda, bipolar, forma de H etc.). O cloroplasto contén bandas compostas dun número variable de tilacoides fotosintéticos que non están organizados formando grana.
  • O núcleo é central e xeralmente está rodeado polo cloroplasto con forma de copa.
  • O cloroplasto ten xeralmente un grande pirenoide na súa parte posterior onde se forma amidón (vaíña de amidón) a partir dos produtos fotosintéticos. O número de pirenoides depende da especie.
  • A mancha ocular está situada na parte anterior do cloroplasto. Consta de dúas ou tres ringleiras máis ou menos paralelas de gotas de graxa aliñadas linearmente.
  • Despois da división as células fillas producen autolisinas para romper a parede celular esporanxial e liberarse. O tipo de autolisina é útil en sistemática.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads