Christopher Lloyd

Actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Christopher Lloyd
Remove ads

Christopher Allen Lloyd, nado en Stamford (Connecticut) o 22 de outubro de 1938, é un actor estadounidense. Adquiriu sona polos seus papeis de secundario en filmes como Alguén voou sobre o niño do cuco, Back to the Future ou The Addams Family.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Thumb
Lloyd na escola secundaria en 1955.

Christopher Lloyd naceu en Stamford, Connecticut, e é fillo de Samuel R. Lloyd (un avogado), e da cantante Ruth Lapham (irmá do alcalde de San Francisco, Roger Lapham).[1][2] O seu avó materno, Lewis Lapham, foi un dos fundadores da compañía de combustíbel Texaco.[3] Lloyd tamén é descendente do pasaxeiro do Mayflower John Howland.[4] Asistiu á The Fessenden School, unha prestixiosa escola preparatoria en Newton, Massachusetts. Medrou en New Canaan e Westport, onde en 1958 se graduou na Staples High School.

A súa nai, herdeira da fortuna dos Lapham, doou o fogar ancestral da súa familia, Waveny Park, á vila de New Canaan.

Carreira como actor

Christopher Lloyd comezou a actuar con 14 anos como aprendiz durante un verán. Tomou clases en Nova York con 19 anos, algunhas no Neighborhood Playhouse xunto a Sanford Meisner. Apareceu en varios musicais de Broadway, incluíndo Happy End, A Midsummer Night's Dream, Red, White and Maddox, Kaspar, The Harlot and the Hunted, The Seagull, Total Eclipse, Macbeth, In the Boom Boom Room, Cracks, Professional Resident Company, What Every Woman Knows, And They Put Handcuffs on the Flowers, The Father, King Lear e Power Failure.

O primeiro papel importante de Lloyd nas películas foi o dun paciente psiquiátrico en Alguén voou sobre o niño do cuco. Porén, pode ser máis lembrado polos seus papeis como Reverendo Jim Ignatowski, o ex-hippie taxista na serie Taxi, e o excéntrico inventor "Doc" Emmett Brown na triloxía de Back to the Future. Tamén desempeñou papeis notábeis como o comandante Kruge Klingon en Star Trek III: The Search for Spock, o profesor Dimple nun episodio de Road to Avonlea, ou o tío Fester en The Addams Family.

Apareceu nun xogo para PC de 1996, chamado Toonstruck, no cal actuou de protagonista transportado nun mundo de debuxos animados, e tamén foi un personaxe regular na sitcom de Pamela Anderson, Stacked. Lloyd fixo numerosos papeis en programas de televisión durante a súa carreira. Por exemplo, nun episodio de Malcolm in the Middle, onde interpreta ao excéntrico avó paternal de Malcolm. Tamén interpretou ao Constitucionalista Lawrence Lessig (o cal na vida real é vinte e tres anos máis novo ca Lloyd) nun episodio da sexta tempada de The West Wing.

Moitos dos seus papeis parecen orientarse cara á revelación cómica, así como hiperactivo cos personaxes do Reverendo Jim ou do Dr. Emmett Brown, ou como conservadores tensos por exemplo en The Dream Team and Mr. Mom. Lloyd demostrou carácter considerábel como actor dramático, en películas tales como Things to Do in Denver When You're Dead, como un personaxe leproso e enxeñoso. Lloyd foi Chevalier knighted de l'Ordre du Corbeau (literalmente cabaleiro da orde do corvo) en Bélxica no BIFFF (Festival internacional de Bruxelas das películas fantásticas) o 12 de abril de 2007. Apareceu en persoa, respondeu as preguntas da audiencia e asinou artigos seleccionados.

O 4 de xuño de 2007, Lloyd apareceu durante a abertura de Microsoft TechEd 2007 como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future, como gancho cómico para Bob Muglia, primeiro vicepresidente de Microsoft.

No ano 2010, Lloyd prestouse como actor de voz no videoxogo de Telltale Games Back to the Future: The Game, onde de novo encargouse de interpretar ao doutor Emmett Brown.

Seguindo esta liña, no 2011 foi contratado como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future pola empresa arxentina de electrodomésticos Garbarino, para facer unha campaña publicitaria e, a pedido del, ver tango. O soldo cobrado (200 mil dólares estadounidenses) doouno á fundación de Michael J. Fox.[5] Tamén traballou para Nike, na campaña Back for the Future en beneficio á fundación do seu amigo Michael J. Fox.

Remove ads

Vida privada

Christopher Lloyd raramente aparece en público ou é entrevistado. Algúns dos seus mellores amigos, coestrelas e seguidores que o coñeceron descríbeno como un home moi tímido e tranquilo. Estivo casado catro veces pero nunca tivo fillos. Actualmente está divorciado. O seu sobriño, Sam Lloyd, é coñecido por interpretar a Ted Buckland, o avogado na serie Scrubs. En novembro de 2008, a súa casa de Montecito, California, foi destruída no incendio de Montecito Tea.[6]

No ano 2009, nunha entrevista durante a proxección da triloxía de Back to the Future en Hollywood, preguntáronlle a Lloyd cal das películas de Back to the Future era a súa favorita. O actor respondeu: "a terceira, porque é un western e son fanático dese xénero, e segundo, porque ten unha historia de amor. Sempre quixera estar nunha historia de amor e nesta tiven a posibilidade de estar no medio dunha". Case un ano despois, asistiu ao Tampa Theatre nunha proxección de Back to the Future, onde volveu ser entrevistado. En maio de 2014 participou como convidado especial no Cómic Con Chile asinando autógrafos e fotografándose cos seus fans.

Remove ads

Filmografía

Cinema e televisión

Máis información Ano, Filme ...

Videoxogos

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads