Christopher Nusa Ohen
futbolista nixeriano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Christopher Nusa Ohenhen, coñecido como Ohen, nado o 14 de outubro de 1970 en Benin City, é un exfutbolista nixeriano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección nixeriana.
Remove ads
Traxectoria
Comezou xogando no seu país no Julius Berger e, tras destacar no Mundial Xuvenil de 1989 foi contratado polo Real Madrid, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo. No Real Madrid Castilla estivo adestrado por Vicente del Bosque.[1] En 1991 recalou na SD Compostela, coa que conseguiu o ascenso á primeira división na temporada 1993/94.[2] Xogou no Compostela os catro anos que o equipo permaneceu na máxima categoría do fútbol español, converténdose no máximo goleador da súa historia na primeira división.[3]
Tras unha frouxa temporada e lastrado polas lesións, o equipo descendeu á segunda división e el marchou cedido ao Beşiktaş, onde seguiron os seus problemas musculares, perdendo temporada e media. Volveu xogar na segunda división co Compostela e tras un breve paso polo Leganés, regresou a Nixeria para xogar no seu primeiro club, no que se retirou no ano 2002.
Foi preseleccionado para ir ao Mundial de Fútbol de 1998 coa selección de Nixeria, pero finalmente non foi convocado[4].
Estatísticas
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads