Chupa Chups

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chupa Chups
Remove ads

Chupa Chups é unha empresa catalá fundada polo confeiteiro catalán Enric Bernat en 1958[1] e adicada á fabricación de doces. En 2006, a compañía foi adquirida polo grupo italiano Perfetti Van Melle.[2]

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Remove ads

Historia

Thumb
Chupa Chups.

A idea do chupa-chups xurdiu cando Enric Bernat tentou deseñar un carambelo para os nenos de forma que estes o puideran comer sen mancharse as mans. Así, apareceu o primeiro chupa-chups, que consistía nunha bóla doce fixada a un pau de madeira. Anos despois substituiríase o pau de madeira por un de plástico. Os primeiros chupa-chups podían elixirse entre un total de sete sabores e custaban unha peseta[3].

Para buscarlle un nome ao seu produto, Enric Bernat contratou a unha axencia de publicidade, que lle suxeriu o nome Chups. Isto, xunto coa canción publicitaria para promocionar a lambetada ("chupa, chupa, chupa, chupa Chups!") deu lugar ao nome co que se designa hoxe en día[4].

Inicialmente a compañía contaba cunha fábrica en Asturias, Asturias S.A.. En 1967 inaugurou unha nova planta en Sant Esteve de Sesrovires (Barcelona) e ese mesmo ano decidiu establecer a súa primeira filial en Francia[3]. Coa intención de abrirse ao mercado internacional, a empresa encargou a Salvador Dalí deseñar un novo logo para o produto. Foi así como xurdiu o logo da margarida que hoxe é mundialmente coñecido. A publicidade inicial que apareceu co logo foi a frase "És rodó i dura molt, Chupa Chups" (É redondo e dura moito, Chupa Chups)[5].

Con máis de 100 sabores entre os que elixir, Chupa Chups factura ao ano 414 millóns de euros coa venda de 3.780 millóns de carambelos[6]. Entre os seus récords figura ser o primeiro caramelo con pau consumido no espazo (a bordo da estación espacial MIR).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads