Ciclón Klaus (2009)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ciclón Klaus (2009)
Remove ads

A borrasca Klaus foi un ciclón de latitude media que afectou os días 23, 24 e 25 de xaneiro de 2009 a costa occidental de Europa e especialmente o norte da Península Ibérica.

Datos rápidos Instancia de, Data ...
Remove ads

Formación e percorrido

O Klaus orixinouse por cicloxénese explosiva, ao bateren unha masa de aire quente tropical con outra moi fría no Atlántico na tarde do 22 de xaneiro. Xerouse así unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península ao longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro. Ocasionou varios mortos e importantes danos materiais. O centro da depresión desprazouse de oeste a leste dende os Azores, até o golfo de Xénova, atravesando polo mar Cantábrico. Xerou fortes ventos de máis de 150 km/h, que puntualmente chegaron ata os 198 km/h en Estaca de Bares[1].

Remove ads

Nome

Thumb
Evolución do ciclón.

O Instituto de Meteoroloxía alemán deulle este nome na honra de Klaus Schümann[2], e non ten que ver con distintos nomes de ciclón Klaus que se deron a furacáns tropicais antes de 1990.

Danos

A treboada afectou grandemente a zona setentrional de España e o sur de Francia e causou diversos mortos. En Galicia afectou 72 concellos[3], faleceron cinco persoas: en Burela morreu un garda civil que estaba dirixindo o tráfico ao caerlle unha árbore enriba;[4] un mariñeiro portugués foi rescatado dun barco que afundiu nas costas coruñesas e faleceu posteriormente no hospital[5]; un ancián pereceu no incendio da súa casa, provocado por un curtocircuíto[6]; e un matrimonio de anciáns faleceu en Cervo por inhalación de monóxido de carbono, como consecuencia de usaren un braseiro vello para quecer logo de estaren máis de dous días sen enerxía eléctrica[7].

No resto de Europa producíronse 21 mortes máis.

Máis información Refachos máximas de vento ...

Imaxes da tormenta

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads