Serra dos Ancares

cordilleira no noroeste da península Ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia

Serra dos Ancaresmap
Remove ads

A serra de Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis noroccidental da provincia de León.

Datos rápidos Tipo, Situado na entidade xeográfica ...
Thumb
Vista do Val do río Ser no concello de Navia de Suarna.
Remove ads

Características

Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. De norte a sur, destacan nela os cumes de Miravales (1966 m), o Pico Cuíña (1992 m), Pena Longa (1896 m), O Mustallar (1935 m), Pico de Lagos (1867 m), Pico dos Tres Bispos (1794 m) e Penarrubia (1822 m). Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia na vertente galega e os da conca do río Sil na vertente leonesa.

Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e ocasionalmente o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornos nas zonas máis ricas[1].

Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads