Cidade Prohibida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Cidade Prohibida (紫禁城, pinyin: Zǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga Pequín, foi o palacio imperial durante as dinastías Ming e Qing, así como sede do goberno chinés até 1911.
O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa Constelación Luminosa Púrpura na que a Estrela Polar, ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de Nanjing a Pequín que decidiu o emperador Yongle cando obtivo o trono imperial en 1404.
Actualmente se coñece como o Museo Palacio (故宫博物院, pinyin: Gùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72 km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1987. O Palacio Imperial está situado ó norte da Praza Tian'anmen e pódese acceder a el a través da Porta de Tian'anmen. Está rodeado dun barrio denominado Cidade Imperial.
A pesar de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da República Popular Chinesa. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.
O filme O derradeiro emperador foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.
Remove ads
Nome
O nome común en galego: "a Cidade Prohibida", é a tradución do nome chinés Zijin Cheng (紫禁城), literalmente "Cidade Prohibida Púrpura". Outro nome galego de orixe semellante é "Palacio Proibido[1]. Na lingua manchú é chamado Dabkūri dorgi hoton, que significa literalmente "Cidade Interior en Estratos".
Na actualidade, o lugar é máis coñecido como Gugong (en chinés: 故宫), o que significa "Antigo Palacio"[2]. O museo que se atopa nestes edificios é coñecido como "Palacio Museo" (en chinés: 故宫博物院; en pinyin: Gùgōng Bówùyùan).
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads