Cinco lobitos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Cinco lobitos é un filme español de 2022 dirixido e escrito por Alauda Ruiz de Azúa.[1] Está protagonizado por Laia Costa e Susi Sánchez, xunto con Ramón Barea e Mikel Bustamante.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...

Gañou a Biznaga de Ouro ao mellor filme español no Festival de Cinema de Málaga, e a súa directora alzouse co premio ao mellor guión. As actrices Laia Costa e Susi Sánchez, ambas coprotagonistas, tamén recibiron o premio 'ex aequo' á mellor actriz.[2][3][4]

Remove ads

Sinopse

Amaia acaba de dar a luz e sae do hospital coa súa filla. É unha nai sen experiencia e por primeira vez decátase dos cambios que vai traer este novo bebé chamado Jone. Nas primeiras semanas axúdana a súa parella e os seus pais. Mais axiña marchan os seus pais e a súa parella ten que ausentarse por motivos laborais. Abrumada pola incesante tarefa de ser nai, Amaia decide ir á casa dos seus pais, nunha vila da costa do País Vasco, para que Begoña e Koldo a axuden a coidar da nena. Porén, a nai enferma e Amaia terá que coidala.[5]

Remove ads

Personaxes

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads