Circuíto urbano de Sochi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Circuíto urbano de Sochi
Remove ads

O Circuíto urbano internacional de Sochi [1] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[2][3] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[4]

Datos rápidos Tipo, Persoas e organizacións ...

A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[5] e varios intentos frustrados[6][7][8] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.

Remove ads

O circuíto

Thumb
O inicio da Gran Premio de Rusia de 2014

O circuíto de 5´848 é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido.[9] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artístico, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos.[10] Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.

Thumb
A pista, en construción no Parque Olímpico de Sochi, en abril de 2014.

O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852 km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320 km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320 km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215 km/h.[11]

O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.[12]

A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa graos.

Remove ads

Características

  • Capacidade espectadores: 55.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´848 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 309´745 quilómetros. 19 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
  • Marca volta: 1:35.761, Lewis Hamilton - Mercedes 2019.

Todos os gañadores de Fórmula 1. no circuíto de Sochi

Máis información Nº, Ano ...

Taboa de récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (8) • Motor: Mercedes (8) • Pneumáticos: Pirelli (8)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads