Gran Premio de Rusia de 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Rusia de 2014, (oficialmente 2014 Formula 1 Russian Grand Prix[1] en ruso ruso Гран-при России 2014 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 12 de outubro de 2014 no Circuíto urbano de Sochi, un novo circuíto construído na sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia.
A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada de Fórmula Un 2014, e a primeira vez que se disputou o Gran Premio de Rusia nun século. A carreira de 2014 foi tamén a primeira vez que o Gran Premio de Rusia disputouse como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un desde que se creou o campionato en 1950.
Contou coa presenza do piloto local Daniil Kvyat.[2] Marussia decidiu non substituír a Jules Bianchi para toda a fin de semana, polo que participou unicamente co auto de Max Chilton.[3]
Lewis Hamilton gañou a carreira logo de saír desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Nico Rosberg terminou en segundo lugar. O resultado asegurou ao equipo Mercedes gañar o campionato de construtores.
Remove ads
Informe
Preparativos
.
Controversia

Tras o derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre o leste Ucraína, en xullo de 2014, e a intervención militar rusa neste país, houbo chamadas para boicotear a proba como parte das sancións impostas ao goberno ruso,[4] pero finalmente foron rexeitadas.
Remove ads
Informe
Previa
Cambio de piloto
O piloto de Marussia Jules Bianchi que sufriu feridas graves na cabeza no Gran Premio do Xapón, cando colisionou cun tractor que retiraba o Sauber de Adrian Sutil con bandeira amarela, non participou no Gran Premio de Rusia.[5] O equipo nomeou a Alexander Rossi, o seu piloto de probas e reserva, como substituto de Bianchi para a carreira,[6] pero máis tarde retirou a participación como un sinal de respecto, deixando a grella con vinte un coches.[7][8]
Penalizacións
Pastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións no Gran Premio do Xapón, por superar a cota de cinco motores para a tempada[9] pero, como se clasificou 17º,[10][11] foi incapaz de cumprir a penalización, xa que pasaríase do vixésimo segundo e último lugar da grella. Baixo as novas regras introducidas para a tempada 2014,[12] o resto da penalización foi adiado para o Gran Premio de Rusia, dándolle automaticamente unha penalización de cinco posicións.[13]
Pneumáticos
o provedor de pneumáticos Pirelli levou o pneumático medio como "prime", e o pneumático brando como "opción" para correr na superficie do novo circuíto e tolerar as altas cargas laterais no pneumático, especialmente na curva 4,[14][15] unha curva alargada de radio constante con velocidades estimadas de 200 km/h que destaca como a curva máis longa do calendario da Fórmula Un.[15]
Sistema de redución de arrastre (DRS)
Foron declaradas dúas zonas de DRS para a carreira. O punto de detección para a primeira foi situado na entrada á curva 1, coa zona de activación colocada no vértice da curva. O segundo punto de detección foi instalado na recta traseira do circuíto, cunha zona de activación entre as curvas 12 e 13.[16]
Remove ads
Clasificación
Cualificación
Carreira
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
- O texto en negra indica os pilotos e equipos aínda poden matematicamente gañar o campionato.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads